Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes solicita do Alcalde información sobre os pactos acadados coa Ministra de Transición Ecolóxica

O luns desta mesma semana coñeciamos polos medios de comunicación locais que o Alcalde de As Pontes mantivo unha reunión en Madrid coa Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, a causa da data de peche das centrais térmicas.

294

 Dada a repercusión que tivo na nosa vila a nova, botamos en falta unha comisión informativa previa a dita xuntanza do Alcalde cos demáis grupos políticos para que trasladase a posición do equipo de goberno ao respecto e os puntos que se tratarían na reunión coa Ministra. 

Días despois da xuntanza, o normal debería ser que o propio Alcalde convocase a todos os grupos para informar do acontecido en Madrid, nunha comisión ou nun pleno extraordinario, para informar tamén a toda a veciñanza. 

Dado que isto NON aconteceu, vimos de presentar por rexistro xunto co BNG a convocatoria dunha Comisión Informativa na que se nos de traslado por parte do Alcalde dos acordos acadados coa Ministra de Transición Ecolóxica. 

Ademáis, dende Xuntas por As Pontes tamén solicitamos do Alcalde que nos aclare os seguintes puntos: 

• Estado das negociacións para a inclusión do Concello de As Pontes no plan da minería 2019-2027; 

• Estado das negociacións para a obtención dos máis de 50 millóns que corresponden ao Concello de As Pontes polos fondos MINER; 

• Estado das negociacións para pedir de novo os fondos REINDUS territorializados; 

• Avances no deseño do futuro económico e industrial do Concello de As Pontes; 

• Avances no desenvolvemento do lago e entulleira; 

• Avances na creación dun Consello Económico e Social que aborde e impulse o desenvolvemento industrial e económico do noso municipio. 

Agardamos que o Alcalde soubese aproveitar a reunión coa Ministra para avanzar no futuro da nosa vila e non que simplemente quedase noutro acto máis de oportunismo político aos que nos ten acostumadas nos últimos tempos. 

As Pontes, 21 de novembro de 2018 

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios