PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 23-24-25 NOVEMBRO

O As Pontes recibe este domingo ó Ribadeo nun encontro trascendental

258

O As Pontes recibe este domingo, 16:30, arbitrado por Óscar Enriquez Pereiro (Santiago), ó Ribadeo, nun encontro moi importante para ambos conxuntos, uns para seguir afianzando o liderato, e outros para non alonxarse dos postos altos.

O Ribadeo é un dos favoritos para rematar entre os catro primeiros, como xa o fixera a campaña pasada, e aínda cos seus altos e baixos, sexto con 26 puntos, xa gañou a Viveiro (2-3) e Dubra (2-1), ou empatou co Noia (1-1).

Os seus partidos non son de moitos goles, de feito, os seus trece encontros resolveronse con empate ou con vitoria ou derrota pola mínima. Ata a undécima xornada non perdeu ningún encontro, e de feito só perdeu dous partidos, sendo o terceiro equipo menos derrotado, xunto co Noia, e tamén o terceiro menos goleado, xunto co Arteixo.

Pese a algunhas baixas, sen ir máis lonxe a do propio Martín, mantén prácticamente o mesmo bloque da campaña pasada, coas incorporacións de Javicho e o ex pontés Fernando, do Castro, ou Vizoso, do Outeiro. Destacan o gran Mauro Poratti ou os goleadores Santi, Luki e Criss.

O As Pontes xa poderá contar con Adrián e agarda poder facelo con Pardo. Nos duelos no Poboado, once vitorias locais por unha visitante.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-RIBADEO FC (DOMINGO 25, 16:30)

FEMININO
UD CEBARCA-CD AS PONTES (BERNARDINO BREIJO, SÁBADO 24, 16:30)

XUVENIL A
CD AS PONTES-ATLÉTICO ARTEIXO (SÁBADO 24, 16:15)

XUVENIL B
NUMANCIA DE ARES FC-CD AS PONTES B (PRADOS VELLOS, SÁBADO 24, 16:30)

CADETE
CD AS PONTES-MEIRÁS CF (SÁBADO 24, 11:00)

INFANTIL
SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES (SÁBADO 24, 10:15)

ALEVÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (ANEIROS, SÁBADO 24, 11:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-RACING SAN PEDRO A (SÁBADO 24, 11:30)
CCRD PERLÍO B-CD AS PONTES B (VENRES 23, 18:30)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES B (SÁBADO 24, 12:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios