SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS-PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS (2-2)

O Esteo perdeu dous puntos tras pésimas decisións arbitrais nos últimos minutos

266

O Esteo pontés de fútbol sala empatou na tarde de onte ante o Tres Cuñados de Valdeorras un encontro que gañaba 2-0 ó descanso e vía como nun final polémico lle empataban nos últimos segundos, ante un equipo valdeorrés ó que non consigue gañar na Fraga e co que suma tres empates por tres derrotas.

Ao descanso marcharon os locais con 2-0 no marcador, con dous goles de Pana, que culmina a porta baleira unha boa xogada de Bruno (10´), e despois tras un pase de Héctor pica maxistralmente ante a saída do porteiro (18´). Neste primeiro período resaltar tamén un tiro ó longueiro de Dilin (17´) e outro de Cokito (20´).

O segundo período comezaba de mala maneira, tras unha perda de balón de Jacobo, e por riba no disparo de Bruno, desviao Alex e colase por entre as pernas de Javichu (23´).

Despois houbo alternativas, polos visitantes Bencho quedou so e disparou ó lateral da rede (28´), Javi en boca de gol mandou o balón por alto (32´) e Bruno tirou ó poste (37´). Polos locais, resaltar unha xogada na que Cokito a un palmo de portería, co porteiro batido, rematou moi mal marchando o balón a saque de banda (30´), e unha cesión que casi empala Pana ó fondo das mallas (35´).

Pero preto do final chegou un despropósito arbitral. Faltando dous minutos viu o segundo cartón Cokito, non sendo amarela ningunha das dúas accións, cando menos a primeira, e por riba de todo o Esteo viu como en inferioridade Héctor remataba ó poste (39´).

Pero é que nunha xogada na que Jacobo é empurrado, despois de zarandeado roubanlle o balón, este trastabilla levemente por detrás a Bruno, e aí si que viron infracción os colexiados, e o propio xogador marcou o empate de penalti faltando medio minuto (40´).

Os ponteses son décimos con 14 puntos, oito por riba dos postos de descenso, antes de visitar precisamente ó terceiro pola cola, o histórico Leis de Pontevedra.
O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Dani.

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS: Kiko, Dilin, Bruno, Juanma, Durán – cinco inicial – Maelo, Raúl, Cristian, David, Javi, Bencho.

GOLES: 1-0, Pana (10´), 2-0, Pana (18´). 2-1, Bruno (23´), 2-2, Bruno de penalti (40´).

ÁRBITROS: R.A.M, M.S.G, J.F.P.C. Amarelas a ambos Bruno, Héctor, Jacobo. Expulsado Cokito.

INCIDENCIAS: Pavillón de A Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios