SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: LEIS PONTEVEDRA FS-O ESTEO FS (4-6)

O Esteo da un paso cara á salvación nun encontro no que remontou un 2-1 e un 4-2 con catro tantos de Jacobo

224

O Esteo pontés de fútbol sala deu este sábado na cidade do Lérez un paso de xigante cara á salvación, tras gañar 4-2 en Pontevedra ó histórico Leis, que chegara a militar na Primeira División.

Os ponteses non tiveron un partido nada doado como se agardaba, i é que os pontevedreses adiantáronse por varias veces. No primeiro período anotou Jacobo, pero Berto de falta directa empataba e despois era Miguel o que poñía ós locais con ventaxa antes de chegar ó descanso.

Trala reanudación empataba Pana, pero dous goles consecutivos de Lucas colocaban un comprometido 4-2. Nos últimos dez minutos estiveron moi ben os de Óscar vigo, xa que anotaron catro tantos por medio de Cokito e outros tres de Jacobo, que xa leva 15, que non só serviron para igualar senon tamén para darle a volta o marcador ata o 4-6 definitivo.

Primeira vitoria dos ponteses en Pontevedra na Segunda B, e son décimos con 17 puntos, que serán 20 cando lle contabilicen os do partido co Prone antes de que remate a primeira volta, mentres por abaixo o equipo de Lugo desgraciadamente xa está descendido e Puertas Deyma suma catro puntos por seis do Leis.

Os ponteses reciben na vindeira xornada ó Zamora, curioso equipo que a campaña pasada foi campión con moita ventaxa pero nesta, con moitos cambios no plantel, está na criba do descenso, cuarto pola cola con dez puntos.
LEIS PONTEVEDRA FS: Alex, Nico, Iago, Sancho, Berto – cinco inicial – Lucas, Miguel, Barcala, Toño, Ezra.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Pana, Jacobo – cinco inicial – Alex, Rober, Bruno, Dani, Ayala.

GOLES: 0-1, Jacobo (8´), 1-1, Berto (15´), 2-1, Miguel (17´). 2-2, Pana (22´), 3-2, Lucas (24´), 4-2, Lucas (25´), 4-3, Jacobo (30´), 4-4, Cokito (32´), 4-5, Jacobo (35´), 4-6, Jacobo (37´).

ÁRBITROS: Dacal Deza, Vilas Martínez, Castro Villar (Vigo-Santiago). Amarelas a Berto, Miguel, Bruno, Dani. Expulsaron por dobre cartón a Sancho e Alex Durán.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra. Uns 100 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios