Amigus Labs • Maker 18.6

O vindeiro 8 de decembro, no Lar de Endesa, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado o arte, creación dixital e formación.

419

Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.6 seguiremos traballando cos proxectos que estamos a realizar no Fab Lab pontés, e teremos expostos os proxectos realizados durante este ano, como o barco solar autónomo, Pixel ou os robots velocistas .

Empezaremos a montar a impresora 3D deseñada en Amigus Labs, unha gran Core XY de 500x500x500mm de volume de impresión con doble extrusor.

Falaremos dos proxectos para o ano 2019, así como a nosa participación de novo na regata solar de Marine Instruments, donde este ano, ademáis de fabricar un barco solar, participaremos tamen na modalidade de coches solares, e estamos empezando a plantexar. Se queres participar nalgun destes proxectos non dubides en venir o sábado.

O sábado tendremos un obradorio de deseño de placas pcbs co software libre KiCad.

KiCad é unha suite de software libre para a automatización do deseño electrónico. O programa é unha ferramenta que axuda no deseño de esquemas de circuitos electrónicos e a conversión en deseños de PCBs (do inglés Printed Circuit Board) para a súa posterior impresión e fabricación. KiCad é unha aplicación multiplataforma con soporte para Windows, GNU/Linux e MacOS e está licenciada baixo a GPLv3.

O obradoiro será fundamentalmente práctico, onde se deseñará unha placa, pasando por todas as fases que son precisas para o seu deseño completo ata obter os ficheiros que se precisan para encargar a fabricación da nosa placa.

A idade mínima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é gratuita.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 7 de decembro. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Grupo de Empresa Endesa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios