PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 5-6-7-8-9 DECEMBRO

O As Pontes quedanlle dous compromisos ata que acabe a semana

283

Sen tempo para celebrar o triunfo en Noia, o As Pontes quédanlle dous compromisos antes do remate da semana. Primeiro recibe ó Pobra, e por último visita o sempre complicado campo do Dubra.

Este xoves, no último encontro da xornada, xa de noite, ás 18:15, recibe o As Pontes ó recén ascendido Pobra, que ocupa unha boa duodécima praza con 21 puntos, rival moi complicado que só perdeu pola mínima ante os grandes, Ribadeo (0-1), Noia (2-1), Dubra (1-2), Viveiro (2-1), e foi o primeiro equipo que impediu que a Sarriana gañase na Ribela (1-1), e tamén venceu en canchas difíciles como Arteixo (1-3), ou Montañeros (1-2).

Mantén prácticamente o mesmo bloque que o levou a ascender a campaña pasada, coas incorporacións máis reseñables de Manoliño (Noia) e Aguado (Ordes). Os seus xogadores máis destacados no ascenso foron Pap, con 21 tantos, Viturro con 12 e Espi con 11. O propio senegalés Pap é agora mesmo o sétimo goleador da categoría con 8 dianas.

Xa o domingo, en horario de tarde, 16:15, o As Pontes visita un clásico coma o Dubra. O equipo do Juan Baleato leva unha campaña con altibaixos pero do que nunca hai que fiarse pois pese a perder recentemente con Viveiro (1-3), e tamén con Sarriana (0-1) e Ribadeo (2-1), foi quen de golear 5-2 ó equipazo do Noia.

Oitavos con 24 puntos, conserva o plantel da campaña anterior, coas incorporacións de Ferreiro, tralo seu paso polo Noia, e de Adrián Abelenda, do mesmo equipo. Destacan nomes como Gonzalo e Cholo, ambos con 5 tantos, Mariño, Facal, Gesto, ou Motorillo. Nos encontros en Dubra, catro triunfos ponteses por dous empates.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-POBRA CF (XOVES 6, 18:15)
SD DUBRA-CD AS PONTES (JUAN BALEATO, DOMINGO 9, 16:15)

FEMININO
EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES (SANTA MARIÑA. SÁBADO 8, 12:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES-SD COMPOSTELA (XOVES 6, 16:00)
SD RESIDENCIA A-CD AS PONTES (A CHEDA, SÁBADO 8, 18:00)

XUVENIL B
AD MIÑO-CD AS PONTES B (GALLAMONDE, SÁBADO 8, 10:30)

CADETE
CD AS PONTES-CEDEIRA SD (VENRES 7, 17:30)

INFANTIL
CD AS PONTES-SD O VAL B (SÁBADO 8, 12:00)

ALEVÍN
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (ANEIROS, MÉRCORES 5, 19:30)
CD AS PONTES B-MEIRÁS CF B (XOVES 6, 10:15)

BENXAMÍN
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (ANEIROS, VENRES 7, 19:30)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA D (XOVES 6, 11:25)

PREBENXAMÍN
EFR RACING DE FERROL B-CD AS PONTES A (A MALATA 3, MÉRCORES 5, 19:15)
CD AS PONTES B-CD CARIÑO (XOVES 6, 12:35)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios