PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 6 – POBRA CF 0

Espectacular As Pontes, que pon terra de por medio antes de visitar ó complicado Dubra

281

Gran partido o xogado na tarde-noite de hoxe no Campo do Poboado polo As Pontes ante o equipo da Pobra do Caramiñal ó que venceu por un contundente 6-0.

E iso que para nada comezaban ben as cousas para os locais, pois tras un balón que non consigue despexar Criado, vese moi forzado Rego ante un atacante rival, sinalando o colexiado o punto fatídico, pero Treus, tras enganar a Pelayo, disparou ó poste (15´).

Tamén é certo que anteriormente Pardo marchouse do seu marcador e disparou a rentes do pau (11´), ou o Mago de Viveiro deu un excelente pase a Quique, que controlou ben dentro da área pero sobroulle un regate (14´).

Avisou Bossa cun primeiro lanzamento de falta (21´), pero despois coa súa luva colouna case polo escuadro abrindo o marcador (24´). Ben é certo que puideron empatar os visitantes tras dúas malas saídas de balón locais, e nunha salvou Pelayo ante Manoliño (26´).

Pero seguiu apretando o As Pontes e nunha boa combinación entre Criado e Toni, Pardo acabou cabeceando fóra (28´). Despois é o propio lateral dereito quen obriga a estirarse a Alberto (30´), e tras un córner cabecea Traba fóra (31´).

Ata que chegou o vendaval dos últimos minutos onde sentenciou o As Pontes. Primeiro, tras unha internada de Pardo por banda esquerda, deixa pasar Toni o balón e empala Quique por alto ao fondo das mallas (36´).

Repetiu o propio xogador de Ares pouco despois tras un maxistral pase de Fidi, que controla Alex, centra, e chegando dende atrás marca o segundo Quique a pracer (42´). Pero xusto antes do descanso noutra boa internada de Pardo, remata Quique o poste, e aproveita o balón que queda morto na área pequena Erni para marcar o cuarto (45´).

O segundo tempo foi un monólogo dos azuis, e tras unha internada moi perigosa, como é habitual no tanque de Ortigueira, Criado acaba mandando fóra unha gran ocasión chegando só no segundo pau (52´), e pouco despois é Erni que dispara a rentes do pau (53´).

O propio xogador de Viveiro vaise moi ben por banda dereita, e o seu centro enviao a pracer ó fondo da rede o recén ingresado Carlos (57´). Puido chegar o sexto pouco despois, pero estivo magnífico Alberto a unha doble ocasión de Quique e Erni (60´).

Mentres, polos visitantes tan só resaltar un centro colgado, que se paseou con perigo pola área local sen atopar rematador (68´). Nun balón moi ben colocado dende o lateral da área, como o de Denis ante a Leonesa, obrigou Carlos a estirarse ao porteiro (70´).

Puido volver a chegar o sexto nun gran centro de Erni, que cabecea Carlos, chapa Alberto, o balón queda morto sobre a liña de gol e acaba sacando un defensa (72´). Xa preto do final, tras un empurrón que recibe o propio xogador de Ares dentro da área, sinala penalti o colexiado e marca Dani o sexto enganando completamente ó porteiro (76´).

Cun lanzamento de falta con perigo de Bossa púxose fin ó partido (84´), e ó As Pontes suma uns brillantes 48 puntos, e aproveitándose de dúas derrotas seguidas da Sarriana, deixa ós lucenses á dez puntos, con 38, por 35 dun emerxente Viveiro, 34 de Arzúa, e 31 do Noia que voltou a perdoar. Sen tempo para celebracións o As Pontes visita o complicado Juan Baleato o vindeiro domingo.

CD As Pontes. Pelayo, Criado, Alex (Ramos 58´), Rego (Sánchez 45´), Martín, Toni, Quique, Bossa, Erni, Fidi (Dani 63´), Pardo (Carlos 54´).

Puebla CF: Alberto, Piñeiro, Pablo, Iago, Nacho, Manoliño (Diego 65´), Pap (Espi 45´), Treus (Aguado 45´), Jorge, Picos (Xabi 37´), Aless.

Goles: 1-0, Bossa (24´), 2-0, Quique (36´), 3-0, Quique (42´), 4-0, Erni (45´). 5-0, Carlos (57´), 6-0, Dani, de penalti (76´).

Árbitro: David Jiménez Jiménez (Lugo). Auxiliado por Polo Fernández e Ron Valle. Amarela a Aguado.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Unos 150 espectadores en tarde noite fría.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios