PREFERENTE NORTE. SD DUBRA 2 – CD AS PONTES 3

O As Pontes logra tres importantísimos puntos no último suspiro

399

O As Pontes puxo máis terra de por medio de cara ó ascenso tras vencer apuradamente 2-3 en Dubra, tras un encontro que ía cómodo, pero que se complicou e moito no último tramo.

O Dubra prantouse moi ben ordenado sobre o campo agardando atrás e o As Pontes, a pesar de non poder facer o seu fútbol, dominaba, e destacar nos primeiros compases, un centro chut de Alex (6´), e un remate preto do escuadro de Bossa a pase de Pardo (17´).

Si ben é certo que se achegaron os locais cun lanzamento de Abelenda que atalla Paco (31´), puido inaugurar o marcador Sánchez, pero o seu remate de cabeza vai ó poste (33´). Si entrou o balón pouco despois, tras un centro dende banda de Bossa, que anota de cabeza Rego (34´). 

Sensacional o traballo no que vai de campaña do gran zagueiro de Viveiro, un dos grandes centrais da categoría. Nunha contra entre Dani e Pardo, case marca na súa portería Darío (36´). Pero foi Dani, tras saque de córner de Bossa, o que facía de cabeza o 0-2 co que se chegou ó descanso (42´).

Non obstante destacar antes do intermedio unhas mans do porteiro do Dubra nun despexe que se non foi fora da área por ahí andivo (43´). Comezou dominando o As Pontes cunha boa combinación entre Carlos e Pardo que remata fóra o de Ortigueira (46´). Tras un pase maxistral de Fidi, moi xeneroso Pardo prefire pasar en lugar de tirar, pero o balón vaise un pouco e non chega Carlos en boca de gol (53´).

Sen embargo, co paso dos minutos apretaba o cadro local, e o visitante, que xogaba moitísimo dende atrás, nunha perda de balón, colgaron ó esférico á área e rematou Gonzalo de cabeza, despexando Paco a córner. Pero desgraciadamente dese córner cabeceou Brais libre de marca no primeiro pau anotando e apretando o marcador (72´).

Incomprensiblemente, tras unha contra, centra moi ben Ferreiro dende banda dereita e remataba ó fondo das mallas chegando dende atrás Gonzalo (74´) facendo a igualada en apenas dous minutos. E gracias, porque seguían achuchando os amarelos ante un As Pontes que perdeu momentáneamente a brúxula.

Pero tras unha man, viu o segundo amarelo Baleato faltando dez minutos, e tamén viu a luz o cadro azul para poder buscar o tanto da vitoria. Unha gran vaselina de Fidi desvíaa milagreiramente a córner Brais (81´). 

Logo é Quique quen fai un forte remate dentro da área que saca un defensa co corpo (84´). Foi nunha gran internada de Ramos por banda esquerda que se pranta a medio palmo do porteiro, non sabe se centrar ou tirar e definitivamente é Darío quen acaba introducindo o balón na súa portería dando os tres puntos ós azuis (87´). 

Sitúase o As Pontes cuns magníficos 51 puntos, por 38 de Viveiro e Sarriana, 37 de Arzúa e 34 de Noia. A vindeira semana un partido moi agardado para rematar a primeira volta, coa visita da Sarriana, equipo algo desdibuxado por tres derrotas consecutivas pero que mantivo o pulso co As Pontes case todas as semanas, está a facer un campañón, e será un encontro trascendental.

Si o Xallas é un conxunto que non se lle daba ben ó As Pontes no Poboado, todo o contrario o Dubra, equipo co que o As Pontes suma cinco vitorias por dous empates a domicilio e na casa cinco triunfos por un empate. 

SD Dubra.Brais Midón, Pablo, Mariño, Leites (Martín 61´), Iván Facal, Dani Moto (Anxo 84´), Ferreiro, Brais, Gonzalo, Abelenda (Xabi 80´), Darío (Manu 89´).

CD As Pontes.Paco, Ramos, Alex (Martín 71´), Rego, Sánchez, Dani, Adrián, Bossa, Carlos (Quique 71´), Fidi, Pardo.

Goles.0-1, Rego (34´), 0-2, Dani (42´). 1-2, Brais (72´), 2-2, Gonzalo (74´), 2-3, Darío, pp (87).

Árbitro.Villar Álvarez. Auxiliado por Soage Fernández e Lareu Magdaleno. Amarelas a Gonzalo, Brais, Mariño, Bossa. Expulsado Pablo Baleato por doble amarelo (80´). 

Campo e incidencias.Campo Juan Baleato. Máis de cen espectadores, en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios