LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

Comezou unha nova edición da Liga sendo o Muebles Eume o primeiro líder

487

Esta fin de semana comezou unha nova edición da Liga de Veteranos pontesa, que este ano contará con once equipos. A polémica da xornada xurdiu no enfrontamento entre As Pontes 74 ante Electricidad J & O, que gañaron os primeiros 2-0, pero no que o vencedor acabou sendo o equipo contrario 0-3 por aliñación indebida. 

O Campión de Copa Muebles Eume comeza liderando a táboa, xunto ó propio Electricidad J & O, La Bamba, Jeycar e Estanco Mari Carmen, mentres que quedan sen puntuar, Farmavida, que descansou, Bar Encanto, MMYPEM, A Cepa, La Galaxia e As Pontes 74, que ten menos tres.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

Estanco Mari Carmen 1 – MMYPEM 0

Electricidad J & O 3 – As Pontes 74 0

Muebles Eume 4 – La Galaxia 1

La Bamba 4 – A Cepa 2

Jeycar 5 – Bar Encanto Lecar 712 4

Descansa Farmavida

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 15. 19:30. La Bamba-Electricidad J&O

Día 15. 20:30. Muebles Eume-A Cepa

Día 16. 10:00. MMYPEM-Bar Encanto

Día 16. 11:00. As Pontes 74-Estanco Mari Carmen

Día 16. 12:00. Jeycar-Farmavida

Descansa La Galaxia

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios