PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 14-15-16 DECEMBRO

O As Pontes recibe á gran revelación da campaña

333

O As Pontes recibe esta semana na última xornada da primeira volta á gran revelación da Liga, a Sarriana, equipo recén ascendido e que ata hai tres partidos era o único que lle aguantaba o pulso ós azuis. Será o domingo ás 16:30, en encontro arbitrado por Pedro Oreiro Hermida (A Coruña). 

Ata a xornada 15 a Sarriana sumaba 38 puntos, pero si non fora polo fulgurante inicio do As Pontes, nesa mesma xornada, o equipo lucense sería líder da Preferente Sur con ata seis puntos de vantaxe sobre o Cambados. E máis, estaría a só un punto do gran Paiosaco da campaña pasada, que sumaba 39 a esas alturas. 

Ata a xornada 15 a Sarriana sumaba un inmaculado comezo de 12 vitorias, dous empates ante Pobra e Montañeros, neste último caso con empate dos coruñeses no tempo de desconto, e unha soa derrota ante o equipo do fondo de armario, Noia, por 1-0, faltando só cinco minutos.

Si ben é certo que nas últimas xornadas viuse abaixo, con unha rotunda derrota en Viveiro (5-0), unha última na casa ante o Arzúa (0-2), e sobre todo a derrota como local ante o Estudiantil (1-2), equipo que só levaba un empate ata ese momento, pero non hai que confiarse.

O conxunto lucense é adestrado por Alberto López, co que ascendera o As Pontes a Terceira en 2010. Entre os xogadores destacan o medio centro ex azul Diego Núñez, o dianteiro Omar, procedente do Castro, e os tamén atacantes Mauro Busi, do Residencia, Quiroga, do Escairón, ou o defensa Josito, ex do Polvorín. 

Mauro (6), Omar, Diego e Marzán (4), Quiroga e Rubén (3), son os máximos goleadores. Dez campañas despois, abril de 2008, volven a cruzarse ambos equipos. Nos encontros no Poboado, oito triunfos ponteses, por un empate e unha vitoria visitante. 

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-SD SARRIANA (DOMINGO 16, 16:30)

FEMININO
CD AS PONTES (DESCANSA)

XUVENIL A
CD BOIRO-CD AS PONTES (VISTA ALEGRE, SÁBADO 15, 16:00)
XUVENIL B
CD AS PONTES B (DESCANSA)

CADETE
SD O VAL-CD AS PONTES (SINDE, SÁBADO 15, 12:00)

INFANTIL
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (A PEDREIRA, SÁBADO 15, 17:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
SRD PORTUARIOS B-CD AS PONTES B (ANEIROS, VENRES 14, 19:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA C (SÁBADO 15, 11:00)
CEDEIRA SD-CD AS PONTES B (O BECO, SÁBADO 15, 12:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CCRD PERLÍO (SÁBADO 15, 12:10)
AD MIÑO-CD AS PONTES B (GALLAMONDE, SÁBADO 15, 12:00)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios