LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

Muebles Eume, La Bamba e Estanco Mari Carmen conseguiron todos os puntos disputados ata o momento

367

Segunda xornada na Liga de Veteranos pontesa na que destacan as goleadas de Muebles Eume ante A Cepa (6-1), e La Bamba ante Electricidad J & O (5-0). Precisamente ambos equipos cruzaranse nesta vindeira xornada no partido máis interesante da xornada. 

Lideran Muebles Eume, La Bamba e Estanco Mari Carmen con seis puntos, por tres de Farmavida, Jeycar, MMYPEM, Electricidad J&O, aínda sen puntuar están Bar Encanto, La Galaxia e A Cepa, e con menos tres queda o As Pontes 74.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

La Bamba 5 – Electricidad J & O 0

Muebles Eume 6 – A Cepa 1

MMYPEM 3 – Bar Encanto 2

Estanco Mari Carmen 2 – As Pontes 74 0

Farmavida 2 – Jeycar 1

Descansa La Galaxia 

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 22. 19:30. La Galaxia-Jeycar

Día 22. 20:30. Estanco Mari Carmen-Electricidad J & O

Día 23. 10:00. Bar Encanto Lecar 712-As Pontes 74

Día 23. 11:00. Farmavida-MMYPEM 

Día 23. 12:00. Muebles Eume-La Bamba 

Descansa A Cepa 

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tomás Franco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios