PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR CORETI LALÍN 69 – CR FENDETESTAS 12

Derrota do equipo pontés a dúas xornadas do remate da Liga

226

O Fendetestas pontés de rugbi perdeu este domingo na súa visita a Lalín por 69-12 nun encontro que marchaba ao descanso cun resultado de 26-5. 

No segundo período os visitantes xa se marcharon con folgura conseguindo un total de once ensaios, mentres que polos verdes anotaron na última liña Antón e Antonio, xogador que tamén acertou a paus. 

Nunha xornada na que os Ingleses venceron ó Ferrol, os de Vilagarcía igualan cos departamentais no liderato con 34 puntos, por 19 de Crat B e Coreti Lalín. Con 8 puntos está o Pontevedra e con 6 o Fendetestas.  

Xogaron Anxo, Álvaro, Antón, Andrés, Pablo Otero, Toño, Senén, Antonio, Iván, Nathan, Óscar, Roberto García, Pablo Muiño, Asier e Xose, entrando despois Alejandro e Ansumana.

Tralo parón de Nadal quedanlle dous encontros ós ponteses, recibir ó Crat B e visitar ós Ingleses. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios