PRIMEIRA VOLTA HISTORICA

O pasado domingo, o primeiro equipo do CD As Pontes ganoulle 2-1 á Sarriana S.D., pero ese non foi un partido calquera.

977

Ese día o CD As Pontes proclamouse campión de inverno da Preferente Norte Galega, facendo a mellor primeira volta da historia da entidade. Son 18 partidos gañados, de 19 xogados, 54 puntos, 65 goles a favor por tan só 12 en contra….ESPECTACULAR.

Pase o que pase de aquí en diante, este equipo xa fixo historia, e ainda que somos conscientes que hai que seguir traballando para conquerir o gran obxetivo que e o ascenso a 3ª división o feito ata agora e impresionante.

De feito, basta con revisar as taboas clasificatorias das distintas ligas a nivel nacional dende Preferente ata Primeira División, para comprobar os sensacionais números que ten alcanzado o CD As Pontes …… e iso HAI QUE DICILO.

Tanto e así que queremos decirvos a todos os que formades o primeiro equipo que todo o clube (fútbol base, adestradores, afeccionados, xunta directiva), sentimonos tremendamente orgullosos do que estades a facer porque e algo moi grande e nos estades facendo participes a todos deste feito histórico.

VIVA O CD AS PONTES

Nova cortesía do Club Deportivo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios