SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – FS BOAL (8-5)

O Esteo despide o ano e a primeira volta con unha importante vitoria ante o Boal asturiano.

334

O Esteo pontés de fútbol sala gañou este sábado 8-5 ó Boal asturiano no encontro que pechaba o ano e a primeira volta.

Pese a comezar perdendo, nuns últimos minutos de primeiro tempo fulgurantes os locais chegaron a marchar ó descanso cun rotundo 5-1. 

No segundo tempo, con porteiro xogador, chegaron a poñerse os visitantes cun perigoso 5-4, pero os locais souberon repoñerse ata o 8-5 definitivo, repetindo o marcador do Albense, que é a maior tanteo a favor da campaña. 

O Esteo situase cuarto con 26 puntos, abandona calqueira opción de perigo, e afrontará a segunda volta tentando acabar o máis arriba posible. Iniciará o ano recibindo ó Puertas Deyma. 

Primeira volta con 59 goles, mailos 7 de castigo ó Prone, a cargo de Jacobo (18), Cokito (11), Pana e Alex (6), Rober e Ayala (5), Héctor e Bruno (3), e un en propia meta.   

FICHA TÉCNICA:

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Héctor, Troncho, Jacobo – cinco inicial – Alex,  Pana, Rober, Bruno, Dani, Ayala.

FS BOAL: Marcos, Fredi, Jonás, Santi, Adrián – cinco inicial – Nano, Vilen, Rubén, Choca. 

GOLES: 0-1, Jonás (5´), 1-1, Pana (14´), 2-1, Alex (15´), 3-1, Cokito (18´), 4-1, Cokito (19´), 5-1, Jacobo (20´). 5-2, Jonás (24´), 5-3, Adri (25´), 5-4, Vilen (29´), 6-4, Alex (33´), 7-4, Héctor (34´), 7-5, Santi (39´), 8-5, Jacobo (40´).

ÁRBITROS: Salinas García, Coello Martínez, Vila Rivera (Ferrol-Viveiro-Coruña). Amarelas a Cokito, Alex, Rober, Adri, Nano. Expulsado por dobre cartón Marcos. 

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Máis de 100 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios