LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

Nun emocionante encontro empataron Muebles Eume e La Bamba tomando o liderato o Estanco Mari Carmen

734

Terceira xornada da Liga de Veteranos pontesa que tiña como gran atractivo o duelo entre os dous primeiros clasificados, Muebles Eume e La Bamba, e nun duelo moi disputado, viu como lle remontaban un 0-2 ó equipo de Basoa para acabar nun definitivo empate a 2-2.

Empate do que se aproveitou o Estanco Mari Carmen, para marchar de líder ata o 2019 trala súa vitoria pola mínima ante o Electricidad J&O, que fai que sume por triunfos os tres partidos que leva ata o de agora.

O Estanco lidera con nove puntos, por sete de Muebles Eume e La Bamba, seis de Jeycar e MMYPEM, tres de Farmavida e Electricidad J&0, e un de Bar Encanto. Aínda sen puntuar La Galaxia e A Cepa, e co empate obtido este sábado o As Pontes 74 queda en menos dous. 

Ata a segunda fin de semana de xaneiro non se retomará a competición que comezará cun interesante duelo entre o primeiro e terceiro clasificados nunha cuarta xornada na que descansará o segundo. 

Os resultados da xornada foron os seguintes:

Jeycar 6 – La Galaxia 3

Estanco Mari Carmen 1 – Electricidad J&O 0

Bar Encanto Lecar 712 2 – As Pontes 74 2

MMYPEM 3 – Farmavida 1

Muebles Eume 2 – La Bamba 2

Descansa A Cepa 

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 12. 19:30. MMYPEM-La Galaxia

Día 12. 20:30. Electricidad J&O-Bar Encanto Lecar 712

Día 13. 10:00. Jeycar-A Cepa

Día 13. 11:00. La Bamba-Estanco Mari Carmen

Día 13. 12:00. As Pontes 74-Farmavida

Descansa Muebles Eume

Nova cortesía de Xose Ferreiro, Tomás Franco e Tino Prieto

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios