SAN SILVESTRE AS PONTES 2018

Este luns á tarde disputouse a tradicional carreira pontesa de disfraces

1.044

Nunha tarde moi soleada de luns disputouse nas inmediacións do Colexio Santa María a tradicional carreira pontesa de disfraces San Silvestre 2018, na súa oitava edición.

Participaron máis de 300 persoas entre a carreira e a andaina, e deportistas de tronío como Antonio Polo ou David Rochela, Campións de Europa e subcampións do Mundo ambos.

Gañou a carreira absoluta masculina Antonio Teijido, cun tempo exacto de 16 minutos, e a feminina a deportista de orixe pontesa Sara Guerrero, triatleta internacional, con 18:57. 

Os mellores atletas locais foron Esteban Díaz, cuarto, e Laura Cabarcos, segunda. As vitorias pontesas correron a cargo de Hugo Blanco e Raquel Fontao.

Ao remate do evento houbo chocolatada para todos os participantes e entregaron as diversas medallas o alcalde Valentín González Formoso, e os concelleiros, Montse García, Chicho Tembrás, Sonia Sueiro e Ana Pena.  

Os resultados foron os seguintes:

Absoluto Masculino.1º Antonio Teijido (Verxel), 2º Víctor Alonso (Trieume), 3º Marcos Ruiz (Fene)

Absoluto Feminino.1º Sara Guerrero (Náutico Narón), 2º Laura Cabarcos (Náutico Narçon), 3º Alba Losada

Cadete Masculino.1º Hugo Blanco

Infantil Masculino.1º Daniel Salgueiro (Coruña Comarca), 2º Destaw Pellón (Olympo), 3º Mateo Núñez (Olympo)

Infantil Feminino.1º Raquel Fontao (Olympo), 2º Lara Ríos (Náutico Narón), 3º Noa Cupeiro (Olympo)

Alevín Masculino.1º Hugo Domínguez (Vila de Cangas), 2º Xalo Varela, 3º Lucas Blanco (A Fraga) 

Alevín Feminino.1º Noa Souto, 2º Antía Otero (Atletismo Narón), 3º Candela Ríos (Náutico Narón)

Benxamín Masculino.1º Iago Bellas (Gimnástica de Pontevedra), 2º Martín Laherrán, 3º Íker Díaz

Benxamín Feminino.1º Adriana Sedes (San Rosendo), 2º Carmen Peón (Trieume), 3º Antía Carballo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios