Nota de prensa XPAP: En Marea esixe a recuperación da ultractividade dos convenios colectivos

Yolanda Díaz mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa de Endesa-As Pontes para coñecer a situación da plantilla trala caducidade do seu IV Convenio Marco.

489

 real da sinatura dun novo acordo entre empresa e representantes das personas traballadoras. A esta xuntanza tamén asistiron os concelleiros de Xuntas por As Pontes, María Chao e Xosé Manuel Ribeira. 

En Marea presentou numerosas iniciativas denunciando a situación de Endesa, tanto en materia económica polo proceso de descapitalización que está sufrindo unha enorme multinacional que ademais abrangue a un sector estratéxico do noso país como é a enerxía, pero tamén, e fundamentalmente, en materia sociolaboral, denunciando, no mes de novembro, o que estaba pasando coa vontade negativa da empresa a negociar o Convenio colectivo”, destacou Yolanda Díaz ao remate desta xuntanza. 

A deputada sinalou que o que se está a denunciar “é a revocación da ultractividade, porque a súa recuperación é unha esixencia do noso grupo para poder mudar as condicións de vida dos traballadores e traballadoras no noso país”. A voceira de En Marea denuncia que a día de hoxe a empresa está facendo o que lle dá a gana cos traballadores do grupo empresarial, “temos a máis de 8.000 persoas no conxunto do Estado que están afectadas e que a partir de agora, toda vez que xa non rixen as condicións do convenio, están sen protección e terán que negociar individualmente coa propia empresa as súas condicións laborais. E temos máis de 27.000 persoas que son pasivos, aos que se lles vai meter un recorte fortísimo nos seus beneficios sociais, beneficios sociais que estaban acadados e protexidos en todos e cada un dos convenios que ata o de agora tiñan”. 

Díaz destacou que desde En Marea e desde o Grupo Confederal sempre imos estar ao carón dos traballadores e traballadoras de Endesa e, desde logo, imos, non só apoialos co traballo que temos que facer no Congreso dos Deputados, senón que ademais imos estar con eles defendendo na rúa todas e cada unha das accións e das reivindicacións que elas e eles leven adiante”. Páxina 2 de

“É un colectivo moi forte e o que lle pedimos directamente á Ministra de Traballo e fundamentalmente á Ministra de Transición Enerxética que actúen e lle esixan a Endesa polo menos que respete, nun país civilizado e nun pais do século XXI, as condicións mínimas do traballo que son respetar os convenios colectivos, destacou a voceira de En Marea. Esta mesma mañá tamén remitiu unha carta á Ministra de Traballo, Margarita Valerio, para solicitar unha reunión e poder tratar esta cuestión.

Máis información en www.xuntosporaspontes.com 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios