Obradoiro de robótica

Este xoves 17 a partir das 18:00 na biblioteca Rivera Rouco para nenos a partir de 3 anos.

481

O Departamento de Cultura do Concello de As Pontes, a través da Biblioteca Reivera Rouco, organiza este obradorio en colaboración con Amigus Labs.

Mediante contos e xogos utilizarán os Escornabots que 15 rapaces e rapazas en diferentes obradoiros de Amigus Labs contruiron durante os anos 2017 e 2018.

O obxetivo do obradoiro e acercar a robótica e a programación a nenos e nenas usando os Escornabots, é un proxecto de código/hardware aberto.

O taller será impartido de forma voluntaria por membros de Amigus Labs Kids, xóvenes makers e inventores que participan activamente das actividades que se realizan en Amigus Labs Arte e Creación Dixital.

Mediante a lectura duns contos, os nenos deberán de guiar ao seu robot por uns percorridos, tentando que o robot vaia dun punto a outro usando o menor número de pasos.

Tamén en grupos de nenos deberán de programar os escornabots para guialos ata a casa correspondente, que será definida por unhas tarxetas que deberán de ir sacando por quendas. A temática é moi variada, desde cores ou froitas para os máis pequenos a un percorrido polos lugares emblemáticos das Pontes. 

Máis información en Amigus Labs

También podría gustarte
Comentarios