SEGUNDA DIVISIÓN B. XOVE FS-O ESTEO FS

O Esteo visita ó Xove

167

O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado ó Xove lucense, equipo que marcha noveno clasificado, pero a só catro puntos do Esteo, que é cuarto con 29.

Xa gañaron na Fraga 2-4 na ida, e tamén ao líder Benavente 4-2, entre outros, e empataron 2-2 na casa do segundo, Guardo. 

Por riba os da Mariña son un equipo que se lle da mal ao Esteo, xa que na Fraga só se puideron conseguir dous empates e dúas derrotas, e a domicilio 5-2, 6-4 ata a única vitoria 2-5 a finais da campaña pasada.  

SEGUNDA DIVISIÓN B (17ª xornada)
XOVE FS-O ESTEO FS
Sábado 19 – Xaneiro – 2019 (18:15)
Pavillón Municipal de Xove

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios