Conferencia sobre Trata e Prostitución

O Colectivo Feminista de As Pontes organiza o acto que terá lugar este sábado 19 de xaneiro ás 11.30h no primeiro andar do Mercado Municipal de As Pontes.

218


Falaremos de “Trata e Prostitución. Violencia sexual contra as mulleres”. O acto consisitirá nunha conferencia a cargo de Amelia Tiganus, activista feminista, coordenadora da plataforma Feminicidio.net, e supervivente de trata e prostitución.Depois da súa conferencia, abriremos un turno de debate e coloquio para poñer en común dubidas, ideas, etc.

O Colectivo Feminista de As Pontes, nos declaramos abertamente abolicionistas coa trata e prostitución de mulleres e crianzas. Consideramos fundamental tipificar a prostitución como outro modo máis de violencia contra as mulleres.

Que debe ser erradicado poñendo o foco punitivo no sistema prostitucional e nos prostituidores e protexendo as mulleres prostituidas, verdadeiras victimas deste sistema. 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios