RESULTADOS CD AS PONTES 18-19-20 XANEIRO

Vitorias do Xuvenil B, Infantil, Alevín A e Benxamín A.

296

FEMININO
SCD A CAPELA-CD AS PONTES (3-3)

Empate do feminino na Capela 3-3, nun encontro no que chegou a poñerse por diante, con 0-2 no descanso, e despois 2-3, goles de Paula Baamonde, Paula Castro, e Noelia Ameneiro. Son novenas con 16 puntos antes de recibir ó Discalzas de Cedeira, sétimas con 23. 

Xogaron Alba, Yoli, Lucía, Tania, Indira, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Carolina Paz, Uxía e Sara.

XUVENIL A
EF LALÍN-CD AS PONTES (3-0)

Derrota 3-0 do Xuvenil A na súa visita ó líder, con tantos de Juan, Adrián e Eloy, e seguen cuartos pola cola con 15 puntos antes de recibir ó Conxo Santiago B, dous postos e seis puntos por riba.

Xogaron Nesi, Carlos, David, Pablo, Breijo, Edgar, Cristian, Marcos, Brais, Chema, Miguel, e despois o recén chegado do Numancia, Dragoevich, Dani, Álvaro, David e Brais.    


XUVENIL B
CD AS PONTES B-FC ORTIGUEIRA (6-2)

Gran triunfo 6-2 dun Xuvenil B que en apenas 50 minutos xa marchaba 6-0 con tantos de Mateo (2), Vicente, Jose, Blanco e Brais. Sextos con nove puntos na vindeira xornada visitan ó Narón B, que ten un. 

Xogaron Francisco, Elías, Xan, Nono, Antonio, Antón, Blanco, Jose, Mateo, Vicente, Alex Barro, e despois Santi, Derick, Brais e Xoel.  

CADETE
SD RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (5-5)

Trepidante paritdo do Cadete que empatou 5-5 en Neda, tantos de Jandro López (2), Joan Tembrás, Hugo Blanco e Alex Riobo. Cuartos con 16 puntos reciben ó Miño, décimo con sete.

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Adrián Bellas, Alex Riobo, Samuel, Mario Fraga, Luis, Hugo, Joan, Jandro, Adrián Piñón, e despois Xoel, Sergio Hermida, Edgar, Sergio Paz, e Dani.

INFANTIL
CD AS PONTES-SDCR NARÓN O FREIXO B (2-1)

Triunfo 2-1 do Infantil ante un Freixo B onde deixou moi boas maneiras a xogadora da galega Laura Testa. Adiantábanse na primeira metade con tanto de Antón Varela, e pese a que Adrián empataba no segundo tempo pouco despois Israel Varela anotaba o 2-1 definitivo.

Terceiros con 12 puntos visitan ó Perlío, segundo coa mesma puntuación. Xogaron Joel, Xose, Bruno, Sergio, Anxo, Ángel, Yeray, Ali, Israel, Patricia, Antón, Hugo, Iago, Nicolás, Billal,  e Cristian.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-ÁNIMAS SCDR BE (6-3)
ORTIGUEIRA FC-CD AS PONTES B (6-0)

Vitoria 6-3 do Alevín A, goles de Destaw Pellón (2), Anxo Sánchez (2), Nico Meizoso e Xalo García. Son quintos con 9 puntos antes de visitar ó Meirás B, segundo con 13. Derrota 6-0 do Alevín B, que aínda sen puntuar, recibe ó Ánimas, oitavo con seis.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-ÁNIMAS SCDR (11-1)
AD MIÑO-CD AS PONTES B (3-3)

Goleada 11-1 do Benxamín A para afianzar o liderato, goles de Xandre Domínguez (3), Marco Pico (2), David Maseda (2), Naúl Suárez (2), Iván Rodríguez, Xalo Cebreiro. Con 15 puntos, importantísima visita ó Narón O Freixo, segundo con 13. Empate 3-3 do Benxamín B en Miño, goles de David Otero (2) e Xoel Galego. Sextos con 7 puntos, reciben ó Galicia Mugardos, tamén con 7 e un encontro menos.

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SDC GALICIA DE MUGARDOS (3-4)
CD AS PONTES B (DESCANSA)

Derrota do Prebenxamín A 3-4 na visita do Mugardos, tantos de Adrián Bouza (2), e Brais Gómez. Quintos con 6 puntos visitan ó Maniños, que ten tres.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios