SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: SD XOVE FS-O ESTEO FS (7-2)

O Esteo cae goleado nos últimos minutos con cinco goles de Manu

232

Contundente derrota do Esteo en Xove, nun partido estrano onde os de Óscar Vigo igualaron por dúas veces pero nos últimos minutos os da Mariña elevaron o marcador ata o 7-2 definitivo, con cinco goles de Manu Jiménez, dous de falta directa, co que xa suma 22 goles. 

O Esteo é sexto con 29 puntos antes de recibir ó Sala Ourense, oitavo con 27, equipo co que na ida se perdeu 6-2. Nota anecdótica que a árbitro asistente fose Alba Barro, que fora varios anos xogadora do equipo feminino pontés desde que este se iniciou en 2008.  

FICHA TÉCNICA:

SD XOVE FS: Pulido, Juanpe, Cora, Bruno, Pancho – cinco inicial – Marcos, Nete, Manu, Chema, Keko, Mini.

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Rober, Bruno – cinco inicial – Cokito, Alex, Jacobo, Troncho, Ayala, Dani. 

GOLES: 1-0, Juanpe (4´), 1-1, Troncho (8´), 2-1, Manu (13´), 2-2, Jacobo (17´), 3-2, Nete (32´), 4-2, Manu (34´), 5-2, Manu (35´), 6-2, Manu (37´), 7-2, Manu (39´).

ÁRBITROS: Darriba Villamor, Figueroa Veiga, Barro Paz (Lugo). Amarela a Nete, Manu, Javichu, Cokito, Alex, Rober. Expulsaron por dobre cartón a Jacobo.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Xove. Uns 100 espectadores. 

Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios