Amigus Labs • Maker 19.1

O vindeiro 2 de febreiro, no Lar de Endesa, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espazo adicado á arte, creación dixital e formación.

608

Na xornada da Amigus Labs • Maker 19.1 traballaremos en proxectos de software e hardware libre, que estamos a realizar no Fab Lab pontés, e teremos expostos os realizados durante o pasado ano, como o barco solar autónomoPixel ou os robots velocistas .

Esta vez contaremos con un espacio retro, adicado á creación de vídeo xogos e pixel art, sobre a plataforma Amiga. Contaremos coa presenza de novo de José A. González, membro do selo Iron Gate, que nos presentará o seu último proxecto, nos mostrará como se traballa nun xogo arcade, dende o guión, o deseño do mapa, os grafísmos, e dotar de vida e intelixencia os persoaxes.

Teremos de novo a nosa zoa de impresión 3D, a CNC, e unha zona de prototipado e testeo de electrónica. Seguiremos co deseño e montaxe da impresora Core XY de Amigus Labs.

Na Amigus Labs Kids dividiremos a sesión nun primerio obradoiro de deseño gráfico con ferramentas libres de dibuxo vectorial como é o InkScape, e outro obradoiro onde construiremos un robot de debuxo onde usaremos hardware e software libre para fabricarlo.

A idade mínima para participar tanto nos obradoiros como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é gratuita.

Teremos unha zona de robots para nenos de 3 a 8 anos, que estará aberta para o uso durante toda a xornada, e non é necesario apuntarse para usala.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador, impresora 3d,… e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi
– Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de teléfono móbil (se tes teléfono móbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir á Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

Tódalas actividades realizaranse de 10:30 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00. Comeremos no Lar, cun prezo de 15€/persoa (opcional).

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 1 de febreiro. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter • Grupo de Empresa Endesa

También podría gustarte
Comentarios