PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 25-26-27 XANEIRO

O As Pontes visita o domingo ó Atlético Arteixo

264

Tralos triunfos ante dous rivais directos, Viveiro e Arzúa, o As Pontes debe seguir remando pois agardanlle dúas complicadas visitas nas vindeiras xornadas, comezando polo Atlético Arteixo este domingo ás 12:00, arbitrado por Eduardo Rivera Gores (Vigo).

O cadro do mítico Mauro García Juncal non está a ter a tempada agardada, dado que era candidato a estar na zona alta e actualmente pelexa na zona media baixa. 

De feito, nunha táboa moi comprimida, obtiveron unha gran vitoria a domicilio 0-1 ante o Xallas que os aupou á décima praza con 29 puntos, pero só dous por riba do 16º clasificado Dubra.   

Aínda así, o equipo é moi bo, con xogadores como Denis, Dani Bea, Dapo, aos que se lle uniron futbolistas da Terceira, coma Josito (Bergantiños), Rebollo (Silva), ou Lista, do ascendido Paiosaco. 

Este ano está a ter moitos altibaixos, coa mellor racha entre a xornada 7 e a 14 na que só perdeu un encontro, e os resultados máis reseñables foron un 6-0 ante Castro e Estudiantil, 3-0 ó Sofán, ou os empates co Noia 1-1 e Ribadeo 0-0. 

Un detalle curioso é que si ben só tres equipos marcaron menos goles que os arteixáns, que suman 29 tantos, igualados con Agolada e Pobra, son o terceiro conxunto menos goleado, con 27 tantos encaixados, só superados nesta faceta por Sarriana e os ponteses. 

Denis e Nano suman seis goles e Santi catro. Nos enfrontamentos en Ponte dos Brozos dúas vitorias para cada equipo.

PREFERENTE NORTE
ATLETICO ARTEIXO-CD AS PONTES (PONTE DOS BROZOS, DOMINGO 27, 12:00)

FEMININO
CD AS PONTES-DISCALZAS SD (SÁBADO 26, 16:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES-CD CONXO SANTIAGO B (SÁBADO 26, 11:45)
XUVENIL B
CD NARÓN B-CD AS PONTES B (O CADAVAL, SÁBADO 26, 17:30)

CADETE
CD AS PONTES-AD MIÑO (SÁBADO 26, 17:30)

INFANTIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (OS PINARES, SÁBADO 26, 12:20)

ALEVÍN

MEIRÁS CF B-CD AS PONTES A (A MALATA 2)
CD AS PONTES B-ÁNIMAS SCDR 
BENXAMÍN
SDCR NARÓN O FREIXO-CD AS PONTES A (RÍO SECO, VENRES 25, 19:40)
CD AS PONTES B-SDC GALICIA DE MUGARDOS (SÁBADO 26, 11:00)

PREBENXAMÍN
CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES A (O POTE, SÁBADO 26, 11:00)
CD AS PONTES B-EUME DEPORTIVO BE (SÁBADO 26, 12:10)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios