ALVARIÑO E CASTRO, OURO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA

No evento disputado esta fin de semana en Avilés

226

Os arqueiros ponteses Miguel Alvariño e Daniel Castro, do Clube Silex, lograron esta fin de semana a medalla de ouro por equipos no Campionato de España en Sala disputado en Avilés. 

Ambos, xunto con Vicente Veira, do Arc Teixo, obtiveron para Galicia a mellor marca da previa, con 1732 puntos, polo que quedaron exentos na rolda de cuartos de final, gañando en semifinais 6-2 a Castela León, comandado por Pablo Acha. 

Na gran final venceron polo mesmo tanteo ao combinado da Comunidade de Madrid, liderado polo gañador individual Javier García, ademais de Ángel Mérida e Jose Solera. 

Os arqueiros ponteses non puideron redondear a súa actuación na competición individual, xa que Dani foi eliminado en oitavos de final e Alvariño na rolda de cuartos.

Miguel, coa cuarta marca da previa, venceu 7-1 ao asturiano Víctor Vázquez, e 6-2 ao vasco Hilario Hernández ata caer co posterior gañador 2-6.

Pola súa banda, Castro venceu ó cántabro Manuel Mora 6-2, caendo depsois 0-6 ante o balear Pablo Orozco.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios