SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CIDADE DE NARÓN-O ESTEO FS (4-4)

O Esteo consigue salvar un punto no derbi

64

O Esteo pontés de fútbol sala arañou un valioso punto na súa visita á Gándara, xa que empatou no último minuto un encontro no que sempre foi a remolque.

E de feito os locais marcharon ó descanso con ventaxa co tanto de Brais, e pese a que Jacobo empataba na reanudación, outro tanto de Brais e un de Buján situaban un perigoso 3-1, que os de Óscar Vigo igualaron cos tantos de Cokito e Troncho.

Nuns últimos minutos trepidantes Diego voltaba a poner por diante ós naroneses faltando dous minutos pero no último suspiro Ayala estableceu a igualada definitiva.

O Esteo é sexto con 33 puntos antes de recibir ó líder Atlético Benavente.

FICHA TÉCNICA:

CIDADE DE NARÓN: Alberto, Guille, Iván, Diego, Brais – cinco inicial – Buján, David, Iago, Mario.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Rober, Ayala, Bruno, Troncho.

GOLES: 1-0, Brais (5´). 1-1, Jacobo (21´), 2-1, Brais (22´), 3-1, Buján (27´), 3-2, Cokito (29´), 3-3, Troncho (34´), 4-3, Diego (38´), 4-4, Ayala (39´).

ÁRBITROS: Amor Vizoso, Carreira Romero, García Vázquez (Ferrol-Coruña). Amarela a Alberto, Iván, Diego, Buján, Cokito, Jacobo.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de A  Gándara. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios