LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

La Bamba e Muebles Eume poñen terra de por medio sobre os seus perseguidores

345

Oitava xornada da liga pontesa de veteranos na que os dous líderes poñen aínda máis terra de por medio sobre os seus perseguidores, La Bamba cunha solvente vitoria 3-0 ante Farmavida, mentres que Muebles Eume obtivo un máis sufrido triunfo 3-2 ante Electricidad J&O. Ambos aproveitaron a derrota 1-2 de Estanco Mari Carmen ante A Cepa para afianzarse como claros aspirantes ao título.

La Bamba e Muebles Eume suman 19 puntos, por 13 de Estanco Mari Carmen e A Cepa, 11 teñen MMYPEM e La Galaxia que suma tres vitorias seguidas, Farmavida ten 7, Jeycar e Electricidad J&O 6, Bar Encanto 5, e pecha As Pontes 74 con cero puntos. 

Os resultados da xornada foron os seguintes:

La Bamba 3 – Farmavida 0
Muebles Eume 3 – Electricidad J&O 2
A Cepa 2 – Estanco Mari Carmen 1
MMYPEM 1 – Jeycar 0
La Galaxia 3 – Bar Encanto-Lecar 712 2
Descansa As Pontes 74

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 16. 17:00. La Galaxia-Farmavida
Día 16. 18:00. Muebles Eume-Estanco Mari Carmen
Día 16. 19:00. Jeycar-As Pontes 74
Día 16. 20:00. La Bamba-MMYPEM
Día 16. 21:00. A Cepa-Bar Encanto Lecar 712
Descansa Electricidad J&O

Nova cortesía Xose Ferreiro, Tino Prieto, Tomás Franco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios