Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes celebra unha palestra sobre sanidade e dignidade na atención primaria

Terá lugar o vindeiro martes 19 de febreiro, ás 20:00h, no primeiro andar do Mercado Municipal.

36

Municipal, unha palestra e debate sobre a situación da sanidade pública, en concreto, sobre a atención primaria nos centros de saúde e nos PACs.

A xornada trae causa das últimas e multitudinarias manifestacións en toda Galicia en reivindicación dunha sanidade pública digna, gratuita, de calidade e pola dignificación da atención primaria; polos recortes que nos últimos tempos vimos sufrindo no centro de saúde de As Pontes e nos da contorna.

Desprazarase ata a nosa localidade a Deputada de En Marea Flora Miranda Pena, unha das responsables de defender no Parlamento os temas relacionados coa sanidade pois ela é médica de familia de profesión.

Asemade, acompañaranos o médico de familia e activista da plataforma SOS Sanidade Pública, Ramón Veras Castro.
Convidamos a todas as veciñas e veciños a asistir, a informarse e a compartir as súas experiencias, que de seguro serán escoitadas e trasladadas aos órganos correspondentes.

As Pontes, 13 de febreiro de 2019

Más información en www.xuntosporaspontes.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios