PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 15-16-17 FEBREIRO

O As Pontes visita o sábado ó Foz

168

O As Pontes xogará por segunda vez a domicilio en partido adiantado ao sábado, ante o Foz, no Martínez Otero, ás 17:00, en encontro arbitrado por Óscar Enríquez Pereiro (Santiago). 

O equipo lucense, recén ascendido, comezou a campaña con apuros, con cinco derrotas nas sete primeiras xornadas, pero nas 18 seguintes tivo o mesmo número de partidos perdidos, con seis empates e sete triunfos, seis deles nas últimas once xornadas nas que só perdeu dous encontros por pouco e ante dous grandes como Viveiro e Noia.

Debido a esta clara melloría pasaron do penúltimo posto a estar agora decimosegundos con 31 puntos,  destacando sobre todo os triunfos en Dubra (1-3), ou Xallas (1-2), ou os empates ante Arzúa, con doble 2-2, Sarriana 1-1, ou en Ribadeo 0-0. 

Con respecto á campaña anterior na que ascenderon fixeron boas incorporacións coma a do porteiro Trullo, o medio Jacob, e os dianteiros Xenxo  e David, procedentes de Viveiro e Ribadeo. Iván Gayol e Asier levan seis tantos. 

Ponteses e focenses cruzaronse moitas veces e si ben no Poboado o saldo é de doce triunfos, tres empates e catro derrotas a prol dos locais, en Lugo o bagaxe é moi favorecedor ao equipo local con doce vitorias, tres igualadas e só tres derrotas. 

PREFERENTE NORTE
CD FOZ-CD AS PONTES (MARTÍNEZ OTERO, SÁBADO 16, 17:00)

FEMININO
SCDR GALICIA DE CARANZA-CD AS PONTES (DOMINGO 17, 11:30)

XUVENIL A
ATLÉTICO DE RIVEIRA-CD AS PONTES (FIEITEIRA, SÁBADO 16, 17:00)

XUVENIL B
SDCR NARÓN O FREIXO-CD AS PONTES B (RÍO SECO, VENRES 15, 20:30)

CADETE
CD AS PONTES-CF ESTRELLA (SÁBADO 16, 11:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-SDC GALICIA DE MUGARDOS (VENRES 15, 18:15)

ALEVÍN

CD AS PONTES A-EUME DEPORTIVO B (SÁBADO 16, 10:30)
EUME DEPORTIVO A-CD AS PONTES B (GÁNDARA, VENRES 15, 19:00)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL (SÁBADO 16, 11:40)
MEIRÁS CF-CD AS PONTES B (A MALATA 3, VENRES 15, 19:30)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA B (SÁBADO 16, 12:50)
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES B (SAN CLAUDIO, SÁBADO 16, 11:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios