PARTIDO VETERANOS. RC CELTA DE VIGO 3 – RC DEPORTIVO DE A CORUÑA 1

Este domingo inaugurouse o campo municipal pontés

702

Este domingo á mañá levouse a cabo a inauguración do campo artificial de As Pontes. No acto descubriuse unha placa en honra a Evaristo Puentes Durán, pai do árbitro do mesmo nome, once tempadas trencilla en Primeira División. Puentes Durán, falecido en 2013, fora empregado do clube durante moitos anos, encargado das instalacións, do material, e mesmo masaxista.

Para conmemorar o acto levouse a cabo un partido de veteranos entre os dous mellores equipos de Galicia, o Deportivo e o Celta. No encontro, dirixido por Iglesias Villanueva, puideronse ver a xogadores da talla de Donato, Nando, César, Mallo, Ratkovic, Bajcetic ou Bermejo. Gañaron os celestes por 3 a 1 con goles de Mario Bermejo (2) e Fidalgo, anotando o tanto da honra Maikel para os herculinos. Tamén estivo Pablo López, ex adestrador e ex xogador do equipo pontés, ademais dos dous equipos en liza, actualmente no equipo técnico de Clarence Seedorf e Patrick Kluivert na Selección de Camerún.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios