PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 21-22-23-24 FEBREIRO

O As Pontes recibe ó Negreira

111

O As Pontes recibe este domingo, ás 16:30, en encontro arbitrado por Avelino García Vázquez (Ourense), ao Negreira, equipo a campaña pasada na Terceira División, que agora marcha nos postos baixos da Preferente, decimo séptimo con 28 puntos. 

O cadro dirixido polo mítico Juan Cabrejo tivo moitos altibaixos durante a campaña, e comezou con seis derrotas nas oito primeiras xornadas. Logo tivo unha boa recuperación nas sete seguintes con cinco triunfos e un empate, pero dos últimos once partidos obtivo nove derrotas por só dúas vitorias. 

Os seus resultados máis interesantes son un 2-0 ó Ribadeo e un 0-4 ó Foz. Curiosamente so suma un empate nos 26 partidos. Perdeu a moitos xogadores da campaña en Terceira División, e comandados polo mítico Cea, trouxeron ao ex do Bergantiños, Richi, que leva sete tantos, Rial, do Estudiantil, cinco, ou a Vía Rápida, do ascendido Paiosaco. 

O As Pontes ten un bo bagaxe co Negreira, equipo co que incluso a domicilio suma cinco vitorias, por catro empates e unha soa derrota, mentres que no Campo do Poboado, sete vitorias locais, por un empate e un triunfo visitante. 

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-SD NEGREIRA (DOMINGO 24, 16:30)

FEMININO
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (SÁBADO 23, 16:00)

XUVENIL A
CD AS PONTES (DESCANSA)

XUVENIL B
CD AS PONTES B-AD MIÑO (SÁBADO 23, 17:30)

CADETE
MEIRÁS CF-CD AS PONTES (MISAEL PRIETO, SÁBADO 23, 11:00)

INFANTIL
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES (SAN CLAUDIO, SÁBADO 23, 16:15)

ALEVÍN
ORTIGUEIRA-CD AS PONTES A (SAN CLAUDIO, XOVES 21, 18:15)
CD AS PONTES B-CD CARIÑO (SÁBADO 23, 10:30)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 23, 11:40)
SCDR GALICIA DE CARANZA B-CD AS PONTES B (CARANZA 3, VENRES 22, 18:15)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL B (SÁBADO 23, 12:50)
CD CARIÑO-CD AS PONTES B (SÁBADO 23, 12:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios