Amigus Labs • Arduino Day 2019

Arduino é un sistema educativo que democratiza a tecnoloxía

577

Arduino Day está aberto para calquera que queira celebrar Arduino e todas as cousas incribles que se fixeron (ou se poden facer!) con esta plataforma de código aberto.

O programa será o seguinte:

10:30 – 14:00 h. e de 16:00 a 20:00: Amigus Labs – Arduino Day 2019, con exhibición de proxectos con Arduino.

Convócase a todas as persoas afeccionadas que constrúen proxectos con Arduino, a participar neste evento. Os proxectos deben presentarse terminados ou en funcionamento o día do evento. A temática dos proxectos é libre. Débese empregar, preferentemente, Arduino; con todo, poden presentarse proxectos baseados en tecnoloxías como ESPxxx, Raspberry Pi,…

As persoas interesadas deben enviar a amigus@amiguslabs.org un correo cunha explicación do proxecto para presentar e unha imaxe ou fotografía do mesmo antes do día 14 de marzo.

11:30 a 14:00 h.: Amigus Labs Kids – Obradoiro de iniciación a Arduino.

As persoas interesadas en ter un primeiro contacto con Arduino poden apuntarse a este taller. Na sesión mostraranse diferentes compoñentes e como se conectan e programan con Arduino.

16:00 a 20:00h. : Amigus Labs

Dedicaremos a tarde a elaborar os proxectos do Fab Lab, así como a xente interesada continuar facendo proxectos con Arduino. Os mais pequenos podrán construir varios robots basados en Arduino.

Tódalas actividades realizaranse de 10:30 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00. Comeremos no Lar, cun prezo de 15€/persoa (opcional).

As persoas interesadas en asistir aos obradoiros deben enviar un correo a amigus@amiguslabs.org

O Amigus Labs – Arduino Day 2019 e un evento para toda a familia, recomendado desde os 8 anos. Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir o Amigus Labs – Arduino Day 2019 (PDF).

Para asistir á Amigus Labs – Arduino Day 2019 tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus Labs – Arduino Day 2019, e que instales un antivirus.

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Galiorient • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter

Máis información en http://www.amiguslabs.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios