PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SD NEGREIRA 1

Novo paso do As Pontes cara ó ascenso despois dun sufrido triunfo tras remontar ó Negreira

288

Novo paso do As Pontes de cara ó ascenso tras gañar na tarde de hoxe ó Negreira por 3 goles a 1. Pese a que comezaban avisando ós locais con dous disparos de Quique que atallou Jose, tras unha mala cesión cara atrás de Fidi, chegou unha contra na que Pelayo fixo un penalti ó dianteiro visitante que quedou só, e por fortuna so viu a amarela. O propio Rial acabou transformando a pena máxima (6´).

Foi o As Pontes a polo gol e tras un servicio de Quique, Fidi remata fora (16´), e pouco despois o propio xogador de Viveiro disparou con rosca rozando o pau (22´). Pero tamén puideron anotar os visitantes tras outro pase cara atrás, de Martín, que se convertiu en asistencia a Brandon, que quedou só ante o porteiro, salvando Pelayo (23´).

Nun bo centro de Alex Cabarcos desvía Jose como pode, o rexeite vai a Criado que remata e chapa o porteiro (30´). Magnífico pase en profundidade de Bossa cara a Carlos que se pranta só ante Jose, pero este acaba despexando o balón (34´). 

Tras ver anulados dous goles en presunto fora de xogo os locais, foi tras unha xogada na que o porteiro toca levemente a Carlos e este cae na área que Bossa transforma o penalti enganando ó gardamallas (38´).

Asi se foi ó descanso e non comezaron mellor os locais no segundo período, pois un balón perigoso que se paseaba pola área terminou sacandoo Sánchez (48´) e nun mal pase de Pelayo quedou só Vía Rápida e terminou despexando co corpo un defensa (52´). 

Pero foi tras un centro dende banda de Criado, que cabecea cara a área Carlos, recolle o balón Fidi, regatea a un defensa e marca de tiro cruzado (57´). O propio futbolista de Viveiro fai unha gran xogada na que dribla a varios defensa e cedelle o balón a Carlos que só a ten que empurrar (63´), case sentenciando o encontro.

Boa cabezada de Dani tras córner que marcha por pouco por riba do longueiro (69´), pero non se daban por vencidos os visitantes e un disparo de Pereira despexao Pelayo como pode (74´) e noutra contra é Juan Diego o que dispara a rentes do pau (76´). 

Tamén puido rematar o partido o As Pontes nalgunha contra, e tras un gran pase de Toni, queda só Ramos, que controla en lugar de tirar e acaba perdendo o balón (80´). Nunha xogada de Pardo dende o medio campo, acaba rematando moi desviado Quique (91´).

Sen tempo para máis, o As Pontes suma 74 puntos, e ten un colchón de 18 sobre o ascenso. Oitava vitoria pontesa ante o Negreira no Poboado, por un empate e un triunfo visitante.

Dase a curiosidade que o As Pontes suma 88 goles e iguala o segundo mellor rexistro do clube, que foi na 1976-77. O mellor bagaxe, inalcanzable, fora tamén na Segunda Rexional, a campaña seguinte, 1977-78, na que o equipo alcanzara 146 goles.

Nunha Liga na que gañara 13-0 e 0-10 ó San Mateo, 9-0 ó Galicia Cedeira, 9-1 ó Limodre, 8-0 ó Ortigueira ou 1-8 ó Cebarca. Outro gran rexistro foi o do ano pasado, 85 goles, 89 se contamos a promoción co Atios.   

CD As Pontes. Pelayo, Criado (Ramos 79´), Alex, Sánchez (Pardo 63´), Martín, Dani, Adrián, Bossa (Toni 79´), Carlos (Erni 73´), Fidi, Quique. 

Negreira SD. Jose, Juan Diego, Pereira, Miguel (Nico 87´), Cea, Miguel Iglesias (Elvis 82´), Richi, Rial, Brandon (Nacho 45´), Vía (Elvin 87´), Santaló. 

Árbitro: Avelino García Vázquez (Santiago). Auxiliado por Rodicio González e Pereiro Cabido. Amarelas a Pelayo, Pardo, Bossa, Adrián e Jose.

Goles. 0-1, Rial, de penalti (6´), 1-1, Bossa, de penalti (38´). 2-1, Fidi (57´), 3-1, Carlos (63´).

Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores en tarde soleada.   

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios