PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS – PONTEVEDRA RC

O Fendetestas recibe ó Pontevedra

39

O Fendetestas pontés de rugbi recibe este sábado ó Pontevedra nun partido trascendental que teñen que tentar gañar si queren ter opcións de salvarse directamente sen ter que xogar a eliminatoria do último clasificado. O outro equipo de grupo, o Lalín, xa estaría virtualmente salvado con dous triunfos. 

Non será un encontro doado pois na ida gañaron os do Lérez 39-5, se ben na Liga regular os duelos foron moito máis igualados con vitorias 26-21 e 10-7 para cada equipo na súa cancha.

PRIMEIRA TERRITORIAL GALEGA (4ª xornada)
CR FENDETESTAS – PONTEVEDRA RC
Sábado 2 – Marzo – 2019 (16:00 h)
Campo Artificial do Poboado

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios