Resultados do Grupo Xuvenil-Matojoma no Campionato Galego de Inverno de Novas Promesas.

O pasado sábado 2 de marzo na pista David Cal de Verducido (Pontevedra)
comezou a tempada oficial para as categorías cadete e infantil coa
desputa do Campionato Galego de Inverno de Novas Promesas.

70

Por parte do equipo pontés participaron Inés Domínguez na categoría de muller K1 infantil A, sobre a distancia de 3000 m, Celia Durán en muller Cadete k1 e Antón García en home cadete K1, ambos sobre 5000 m de percorrido.

Nunha regata con participación record con máis de 400 padexeiros de toda galicia os resultados dos ponteses foron excelentes, Inés Domínguez rematou de 5ª, a menos de 7 segundos dos postos de medalla, Celia Durán 11ª e Antón García 46º.

A tempada para as padexeiras e padexeiros do equipo pontés vai ser longa e queremos empezar dende o club dando as grazas aos patrocinadores, o Concello de As Pontes, Matojoma-Grupo Tú, Saunier Duval e a Deputación da Coruña.

Fotos cortesía de Susana Bellas.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil

También podría gustarte
Comentarios