INAUGURACION AREA RECREATIVA XOSE FERRO A FRAGA – AS PONTES

O Concello de As Pontes inaugurou, o sábado, a área recreativa Xosé Ferro, situada na contorna do Parque da Fraga, cunha xornada de portas abertas que permitiu á veciñanza coñecer o novo local de usos múltiples, antigamente coñecido como a caseta do polbo.

203


Durante esta xornada pública e aberta, que contou coa presenza do alcalde de As Pontes, Valentín González Formoso, membros da corporación municipal, unha nutrida representación do tecido asociativo local e máis dun centenar de veciños e veciñas, tivo lugar un sinxelo acto institucional mediante o que se nomeou, de forma oficial, a esta a nova área recreativa, á beira do río Eume, que inclúe o Muíño de Prieto, o edificio sociocultural do Hexágono e o local de usos múltiples.

Ademais, o Concello de As Pontes rendeu unha pequena homenaxe a José Marcial Doutor López de Pablos, presidente do Grupo Plásticos Ferro e antigo propietario do Muíño de Prieto, cedido ao municipio para uso e goce de todos os veciños e veciñas.

González Formoso tomou a palabra para subliñar a importancia deste novo espazo que permite poñer en valor e dotar de maior dinamismo a unha zona emblemática do municipio, idóneo para a realización de actividades de lecer e tempo libre, nunha contorna privilexiada.

“Desde hoxe, os veciños e veciñas de As Pontes contan cunhas instalacións modernizadas e acondicionadas aos usos e necesidades actuais. O goberno local impulsa, deste modo, unha nova zona de recreo, pasatempo e convivencia para toda a veciñanza e confiamos en que todos saberemos gozar dela, coidándoa e sendo conscientes da necesidade de compartir e respectar o que é de todos e todas” remarcou o rexedor.

González Formoso avanzou que, nos próximos días, la ordenanza que regula o uso do local entrará en vigor, tras a súa publicación no Boletín Oficial de la Provincia e con ela a “reapertura para o uso da veciñanza e para a posta en marcha de actividades socioculturais, encontros entre veciños, asociacións, colectivos e demais entidades integrantes da vida municipal, para festas e celebracións particulares ou veciñais así como para actividades promovidas por outras entidades que beneficien os veciños e veciñas de As Pontes”.

Fotos cortesía de Raimundo Carallo
Fuente : Concello de As Pontes 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios