Voceiro do BNG das Pontes

• A Residencia de Maiores: a desesperación do PSOE
• En 12 anos: Circuíto de Karts, un bombo e un rodete… As Pontes necesita dun cambio¡¡¡

625

 Logo dunha campaña de recollida de sinaturas demandando a construción urxente dunha Residencia Pública de Maiores nas parcelas municipais da Canle IV, preto do Centro de Saúde, o PSOE, empregando o seu poder nos medios de comunicación gañado cos cartos públicos, responde que xa ten varios debuxos do seu anteproxecto no poboado das Veigas. 

O problema de Valentín é que non se dá conta de que agora non se trata de prometer, trátase de explicar o que fixo, que para iso goberna; calquera persoa pode comprobar que no programa electoral do PSOE do 2015 xa aparecía o Proxecto de Xeriátrico Municipal, e xa cos mesmos debuxos que “vende” na prensa; e que fixo nos catro anos?, NADA do que necesita As Pontes¡¡¡

 Aínda máis, no seu anuncio fala do Hospitalillo como terreos cedidos, cando esta construción non figura en ningún convenio con Endesa; anuncia 49 prazas, cando hoxe temos 121 persoas que teñan axuda a domicilio por dependencia; afirma que non ten autorización; non garante a prioridade de acceso para a xente das Pontes; non fala dos prezos nin das axudas públicas; ……. 

Nese mesmo tempo, outros Concellos, na súa maioría con menos recursos, foron quen de ter Residencias, con fondos propios e/ou da Deputación correspondente: Agolada, Arteixo, Becerreá (en construción), Boimorto, Castro de Rei, Castroverde, Cercedo (en obras), Cervo, Eirís-A Coruña (en trámites), A Fonsagrada, Foz, Guitiriz (en trámites de contratación), A Proba de Brollón (en trámites), Ribadeo, Silleda (en construción), Toén, Trabada, etc.; e porque non mencionar o caso de Cerceda con Residencia Pública (xestionada pola Xunta) e construída con fondos do Plan do Carbón. Outros Concellos están xa a implantar Unidades de Alzhéimer, como Vilalba con 15 prazas. Son feitos, non anuncios. E As Pontes quedándose atrás

En 12 anos: Circuíto de Karts, un bombo e un rodete
As Pontes necesita dun cambio¡¡¡ 

Doce anos é tempo máis que suficiente para saber o que dá de si un goberno municipal, para falar de feitos concretos e non de promesas; e a realidade nas Pontes non se pode agochar por moitas fotos que publiquen agora con Ministros/as proclamando cousas que, nalgún caso, xa foron anunciadas hai anos e nunca se realizaron. 

En doce anos o único equipamento novo que realizou o goberno de Valentín foi un circuíto de Karts, incompleto, e agora compran un bombo para uso comunitario; se non fose certo, parecería un mal chiste. 

Perdemos poboación, sobre todo en idade laboral, non temos un só metro cadrado de solo industrial, nestes doce anos o Plan do Carbón non investiu nin un só euro en infraestruturas no pobo, hai unha perda do valor patrimonial das propiedades, non temos Residencia Pública de Maiores, etc., … e van e compran un rodete da chatarra por case que 60.000 euros¡¡¡¡. Iso si, somos campións en festas, carpas, ágapes, subvencións e publicidade. 

O único convenio que asinaron con Endesa, que non supuxo ningún ingreso económico directo para o Concello, foi valorado polo PSOE en 75 millóns de euros, pero o elevado a escritura pública, até hoxe, está nuns 750.000 euros, debéronse esquecer dos dous últimos ceros. 

Temos o goberno municipal máis caro da historia das Pontes; actualmente hai 8 cargos políticos cobrando do Concello: 5 concelleiros/as do PSOE, 2 asesores do PSOE (que non sabemos que asesoran), e agora tamén se apuntou á festa o único concelleiro do PP, e iso que está no oposición. En total máis de 1 millón de euros nestes catro anos. Mais tamén é o máis caro da historia polas perdas de ingresos: os 55 millóns de euros do Plan do Carbón en equipamentos e infraestruturas que nunca se investiron (entre as que incluíron, no 2010, unha Residencia na Canle IV), ou os centos de miles -cando menos- dos pagos de Endesa por licenzas e impostos que non reclaman, non se sabe moi ben o por que. 

Levan 12 anos de festa, vai sendo hora que se empece a traballar algo¡¡¡ 

Se algún pobo necesita un cambio e a desaparición das maiorías absolutas ese é As Pontes. 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios