PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 8-9-10 MARZO

O As Pontes visita ao Agolada

168

No último encontro da xornada, ás 18:00, visita o As Pontes o Agolada, no Campo do Hospitalillo, en encontro arbitrado por Diego Gándara Bello (A Coruña).

O equipo pontevedrés, o único do grupo Norte xunto ó Estudiantil, recén ascendido, é antepenúltimo pola cola con apenas 18 puntos, co resultado máis salientable dun 3-0 ó Foz. 

Si ben é certo que só gañou cinco partidos e empatou tres, é un equipo moi duro e costoso de vencer, como así o atestiguan os seus encontros contra os equipos grandes, Viveiro (2-1 e 0-1), Noia (1-2 e 2-1), Sarriana (2-1 e 0-1), Ribadeo (2-1 e 2-3), ou Arzúa (1-2).

Mantén prácticamente o mesmo bloque co que conseguiu o ascenso, e o seu xogador máis reseñable é Aitor Hurtado, irmán do pichichi Íker, quinto máximo goleador da categoría con 13 tantos. Xa a máis distancia, Jemba e Bryan suman 4 dianas.

No único encontro entre ambos equipos, gañou o As Pontes 4-0, pero custoulle abrir a lata e de feito marchouse ó descanso con 0-0. Serán baixa Bossa e Bryan.    

PREFERENTE NORTE
SD AGOLADA-CD AS PONTES (HOSPITALILLO, DOMINGO 10, 18:00)

FEMININO
CD ROSALÍA-CD AS PONTES (O LAMEIRO, SÁBADO 9, 17:00)

XUVENIL A
VIVEIRO CF-CD AS PONTES A (MARCOS GÓMEZ, SÁBADO 9, 18:00)

XUVENIL B
CD AS PONTES B(DESCANSA)

CADETE
CD AS PONTES-CD CARIÑO (VENRES 8, 17:30)

INFANTIL
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (VENRES 8, 18:30)

ALEVÍN
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES A (O POBOADO, SÁBADO 9, 10:30)
CD AS PONTES B-ÁNIMAS SCDR BE (SÁBADO 9, 11:40)

BENXAMÍN                                                             
GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES A (VENRES 8, 18:00)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD (VENRES 8, 17:30)

PREBENXAMÍN
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES A (OS PINARES, VENRES 8, 17:30)
CD AS PONTES B-AD MIÑO (SÁBADO 9, 12:50)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios