RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 8-9 MARZO

Vitoria do Cadete, Infantil, Alevín A e ambos Prebenxamíns

356

FEMININO
CD ROSALÍA-CD AS PONTES (3-1)

Derrota 3-1 do Feminino en Vilaboa, tanto de Carolina Rodríguez. Son novenas con 22 puntos antes de recibir ó Cebarca, undécimo con 13.

Xogaron Xeila, Indira, Noelia, Carolina Rodríguez, Patricia, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Nerea, Uxía.  

XUVENIL A
VIVEIRO CF-CD AS PONTES A (2-0)

Derrota do Xuvenil A 2-0 en Viveiro nun partido moi polémico no que se adiantaron con tanto de Javier e xa no último suspiro sentenciaba David. Seguen con 19 puntos antes de recibir ó Bergantiños, segundo.

Xogaron Brais Mariño, Miguel, David, Pablo, Breijo, Vilela, Jandro Fernández, Edgar, Brais Dovale, Chema, Iván e despois Matías e Jandro.

CADETE
CD AS PONTES-CD CARIÑO (5-0)

Vitoria 5-0 do Cadete pontés na tarde deste venres, tantos de Joan (2), Xoel, Samuel e Luis. Cuartos con 29 puntos visitan ó colista Cedeira. 

Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Luis, Hugo, Joan, Xoel, Adrián Piñón, e despois Edgar, Adrián Bellas, Jandro, Sergio e Íker.

INFANTIL
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (4-2)

O Infantil pontés venceu o venres 4-2 ó San Pedro, nun partido no que remontou un 0-1 e un 1-2 con tantos de Anxo Blanco (2), Antón e Israel Varela. Segundos con 21 puntos visitan ó Narón O Freixo B, quinto con 19.

Xogaron Pablo, Sergio, Bruno, David, Anxo Rey, Carlos, Israel, Iago, Anxo Blanco, Diego, Antón, Patricia, Hugo, Augusto, Nicolás.  

ALEVÍN
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES A (1-9)
CD AS PONTES B-ÁNIMAS SCDR BE (0-2)

Goleada 1-9 do Alevín A, con tantos de Sergio Vázquez (3), Nico Meizoso (3), Iago Blanco (2) e Destaw Pellón. Derrota do Alevín B 0-2 nos últimos minutos. O A, quinto con 21 puntos, recibe ó líder Portuarios, o B visita ó Meirás B, segundo clasificado.

BENXAMÍN
GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES A (0-0)
CD AS PONTES B-CEDEIRA SD (2-3)

O Benxamín A so puido empatar 0-0 en Caranza co que seguen líderes con 27 puntos, pero só un por riba do Narón O Freixo, antes de recibir ó Eume Deportivo, oitavo. Derrota 2-3 do Benxamín B ó que lle remontaron un 2-0 o antepenúltimo clasificado, Cedeira, ambos tantos de Íker Díaz. Con 17 puntos visita ó colista O Val.

PREBENXAMÍN
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES A (2-3)
CD AS PONTES B-AD MIÑO (4-1)

Vitoria 2-3 do Prebenxamín A en Fene, con tantos de Xoel Timiraos, Brais Gómez e Xalo Franco. Terceiros con 22 puntos reciben ó segundo con 25, Numancia. Paso adiante do Prebenxamín B tras gañar ao Miño por 4-1, tantos de Ander Blanco (2), Pau Jorrin e Daniel Corral. Líderes con 28 puntos visitan ó San Sadurniño, terceiro con 21, pero cun encontro menos. 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios