SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CD ALBENSE FS-O ESTEO FS (5-5)

O Esteo trae un punto de Salamanca

68

O Esteo pontés de fútbol sala empatou este sábado en Alba de Tormes un encontro no que se puxo por diante varias veces, e ó final acabou rescatando un empate. 

Tras adiantarse 0-2 con tantos de Pana e Bruno, recurtaban distancias os locais, ampliaba Pana o 1-3 e voltaban a recurtar os salmantinos antes do descanso. 

Ao pouco da reanudación empataba Morales co seu hat trick, pero Troncho voltaba a poñer por diante aos de Óscar Vigo 3-4. 

Pero por terceira ocasión conseguían empatar os locais, e a pouco do final poñíanse por diante por primeira vez cun 5-4 que Ayala igualou no 5-5 definitivo antes do remate do encontro. 

Os ponteses son sétimos con 34 puntos antes dunha segunda visita consecutiva, neste caso a un dos dous equipos asturianos da categoría xunto ao Boal, o Santiago de Sama, terceiro pola cola. 

FICHA TÉCNICA:

CD ALBENSE FS: Carlos, Cris, Morales, Pacheco, Pinto – cinco inicial – Raúl, Juanan, Sergio, Javi.

O ESTEO FS: Javichu, Cokito, Alex, Héctor, Jacobo – cinco inicial – Pana, Rober, Bruno, Troncho, Ayala.

GOLES: 0-1, Pana (5´), 0-2, Bruno (8´), 1-2, Morales (14´), 1-3, Pana (15´), 2-3, Morales (16´). 3-3, Morales (22´), 3-4, Troncho (28´), 4-4, Cris (32´), 5-4, Pinto (37´). 5-5, Ayala (38´).

ÁRBITROS: Bocrego Palomino, Lomo Sánchez, Callo Martín (Extremadura-Salamanca). Amarelas a Cris, Morales, Javi, Héctor, Jacobo, Javichu.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal de Alba de Tormes. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

También podría gustarte
Comentarios