LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

Muebles Eume e La Bamba xogaranse a Liga entre ambos

217

Duodécima xornada de Liga, primeira da segunda volta, e queda claro na liga pontesa de Veteranos que o título se xogará entre os dous primeiros clasificados, dado que ambos venceron aos seus máis inmediatos perseguidores, La Bamba con solvencia 6-2 a A Cepa, e Muebles Eume 2-1 La Galaxia. 

Outro partido destacado desta xornada foi a vitoria 3-1 de As Pontes 74 sobre Electricidad J&O, tras perder no inicio de Liga por aliñación indebida. 

La Bamba e Muebles Eume lideran con 31 puntos, quedando A Cepa con 19, MMYPEM con 18 e La Galaxia con 17. O Estanco Mari Carmen ten 13, Jeycar 12, Bar Encanto 8, Farmavida e Electricidad J&O 7, e As Pontes 74 pecha con seis.  

Os resultados da xornada foron os seguintes:

MMYPEM 1 – Estanco Mari Carmen 0
As Pontes 74 3 – Electricidad J&O 1
Muebles Eume 2 – La Galaxia 1
La Bamba 6 – A Cepa 2
Bar Encanto Lecar 712 3 – Jeycar 2
Descansa Farmavida

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 23. 19:30. La Bamba-Electricidad J&O
Día 23. 20:30. Muebles Eume-A Cepa
Día 24. 10:00. MMYPEM-Bar Encanto Lecar 712
Día 24. 11:00. Estanco Mari Carmen-As Pontes 74
Día 24. 12:00. Farmavida-Jeycar
Descansa La Galaxia

Nova cortesía Xose Ferreiro e Tomás Franco

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios