Resultados dos padexeiros do Xuvenil-Matojoma no Campionato de España de Inverno de piragüismo

A pasada fin de semana desputouse o quinquaxésimo campionato de España
de inverno de Piragüismo en Sevilla, como xa ven sendo habitual os
últimos anos.

97

O equipo pontés do Xuvenil-Matojoma desprazou nesta ocasión so dos deportistas pero unha vez máis Antonio Polo non defraudou e na súa categoría (k1 home veterano 40-44 anos) volveu a subir ao podium na segunda posición, por detrás de José María Pariente dos Halcones de Corvera e seguido por Alberto Pigueiras do Viveiro. Os tres comandaron a regata durante os 5000 m e desputaron os postos do podium no sprint final.

Ademáis, na categoría “raiña” dos senior o mesmo Polo conseguiu meterse no 33º posto no 2000 m contrareloxo clasificatorio, ainda que despois, no 5000 m en liña tivo que conformarse con posto 62 tras unha mala salida e diversos contratempos durante a regata.

O outro pontés, Ernesto Gancedo, finalizou 15º na categoría k1 home veterano 45-49 anos.

Nova cortesía de Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios