PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 22-23-24 MARZO

O As Pontes visita Carballo

101

O As Pontes visita este domingo ao Sofán de Carballo, ás 17:00, no Campo do Carral, en encontro arbitrado por Alberto Rey Molano (Santiago).

O equipo de Carballo marcha moi ben clasificado, oitavo con 42 puntos. E conta con boas vitorias, Foz (5-0), Boimorto (4-1), Arzúa (2-0), ou Montañeros (2-3), e tamén empates en Noia (0-0), e ante a Sarriana (1-1). A pasada semana igualou 1-1 en Arzúa.

Mantén o bloque que tan boa campaña fixo o ano pasado, cos ex ponteses, o gran carrileiro esquerdo Pablo Domínguez, e o arxentino Matías Navarrete, e ten en Quintela e Raúl aos máximos goleadores con 9 tantos.

Ambos equipos so se viron en tres ocasións, 4-0 no debut no Poboado a campaña pasada, e 3-1 na primeira volta, iso si, habendo chegado 1-1 ao desconto. Nos duelos en Carballo, 1-1 a tempada pasada.  

PREFERENTE NORTE
SD SOFÁN-CD AS PONTES (O CARRAL, DOMINGO 24, 17:00)

FEMININO
CD CARIÑO-CD AS PONTES(DOMINGO 24, 12:00)

XUVENIL A
ESCOLA ESTRADA FB-CD AS PONTES A (MANUEL REGUEIRO, SÁBADO 23, 17:45)

XUVENIL B
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (VENRES 22, 18:30)

CADETE
CD AS PONTES-SD O VAL (SÁBADO 23, 16:30)

INFANTIL
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (SÁBADO 23, 11:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A (DESCANSA)
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS B (SÁBADO 23, 11:00)

BENXAMÍN
ORTIGUEIRA CF B-CD AS PONTES A (SAN CLAUDIO, SÁBADO 23, 11:00)
CD AS PONTES B-NUMANCIA DE ARES CF (SÁBADO 23, 12:10)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A(DESCANSA)
CD AS PONTES B-ANIMAS SCDR (MARTES26, 19:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios