RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 22-23-24 MARZO

O As Pontes empata 2-2 en Carballo. Gran triunfo do Xuvenil A e tamén do Xuvenill B, Infantil e Benxamín A.

355

PREFERENTE NORTE
SD SOFÁN-CD AS PONTES (2-2)

Punto de sabor agridoce o que trouxo o As Pontes de Carballo pois si ben é un empate ante un conxunto de categoría, estivo a piques de lograr a vitoria. 

Os locais marcharon ó descanso con ventaxa no marcador tras un tanto de Raúl, o máximo goleador do conxunto carballés con dez goles.

Pero nun fulgurante inicio de segundo período os azuis voltearon o marcador nun suspiro cos tantos de Alex Sánchez e Carlos, que iguala o de Ares a Dani como máximo realizador do equipo con 17 dianas.

Pero no derradeiro minuto anotaron os locais por medio do defensa Sera selando o empate definitivo 2-2. 

O As Pontes suma 79 puntos, e con 24 por xogarse, a táboa comprímese pola segunda praza co Viveiro 64, Arzúa e Noia 62, e Sarriana 60. 

Partido moi interesante a vindeira xornada no Poboado xa que chega o Boimorto, o único equipo capaz de gañar ós azuis en 30 xornadas. 

Xogaron Paco, Ramos (Bossa 70´), Alex, Sánchez, Rivas, Dani, Adrián, Toni, Carlos, Quique (Traba 87´), Pardo (Fidi 67´).

FEMININO
CD CARIÑO-CD AS PONTES (2-1)

Triste derrota do feminino no Poboado que viu como pese a adiantarse cun tanto de Paula Castro, dous goles de Eva no último minuto de cada período lle daban o triunfo ás cariñesas. 

Novenas con 25 puntos antes de recibir ó Amistade de Meirás, terceiro con 47. Xogaron Alba, Yoli, Tania, Nuria, Indira, Noelia, Carolina Rodríguez, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Nerea, Uxía.  

XUVENIL A
ESCOLA ESTRADA FB-CD AS PONTES A (1-3)

Gran triunfo do Xuvenil A na Estrada 1-3, adiantándose cos tantos de Matías e Jandro, resultado co que semellaba que se ía chegar ó descanso, pero Adrián recurtou distancias para os locais no desconto. 

Tras un sufrido segundo período, Matías anotaba o tanto da tranquilidade a falta de dez minutos dando tres valiosos puntos. Cuartos pola cola con 23 puntos, a catro do 14º Residencia, que ten que pasar por O Poboado, reciben ó Victoria B, undécimo.

Xogaron Nesi, Fraga, David Otero, Pablo, Breijo, Matías, Brais, Edgar, Vicente, Vilela, Jandro, entrando despois Miguel, Cristian, Iván e David.

XUVENIL B
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (5-3)

Bo triunfo do Xuvenil B ante o San Sadurniño que se adiantou, pero dous goles de Derick e un de Jose poñían o 3-1. Pese a lograr empatar os alaranxados 3-3, un tanto de Andy e outro de Brais nas postrimerías deixaron os tres puntos na casa.

Sextos con 19 puntos visitan ó colista Ortigueira. Xogaron Fran, Elías, Antonio, Nono, Santi, Xan, Mateo, Jose, Derick, Xoel, Andy, e despois Antón, Brais, Vicente e Mohamed.  

CADETE
CD AS PONTES-SD O VAL (1-3)

Nun partido cun cambio de última hora que empezou hora e media máis tarde, non puido o Cadete co segundo O Val co que caeu 1-3, nun encontro no que se adiantaron pronto os valexos, e pese a que igualaba Riobo antes do descanso, dous tantos dos branquivermellos no segundo período dábanlles os tres puntos.

Quintos con 32 puntos, próxima visita ó Portuarios, cuarto cos mesmos puntos. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Adrián Bellas, Riobo, Samuel, Mario Fraga, Luis, Hugo, Xoel, Jandro e Joan, entrando despois Adrián Piñón, Sergio Hermida, Edgar, Íker e Sergio Paz.

INFANTIL
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (5-4)

Nun encontro moi disputado vitoria do Infantil 5-4, tantos de Antón Varela (2), Anxo Blanco, Diego Purriños e Billal Belhaj, que os deixa preto do título. Líderes con 27 puntos, dous por riba do Val B, visitan ó colista Cariño na derradeira xornada.

Xogaron Hugo Bouza, Xose, Nico, Sergio, Anxo Rey, Carlos, Ali, Ángel, Anxo Blanco, Diego, Antón, Pablo, Bruno, David, Billal e Patricia.   

ALEVÍN
CD AS PONTES B-SRD PORTUARIOS B (1-3)

Derrota 1-3 do Alevín B, tanto de Xoel Vigo, descansando na vindeira xornada.

BENXAMÍN
ORTIGUEIRA CF B-CD AS PONTES A (0-1)
CD AS PONTES B-NUMANCIA DE ARES CF (3-5)

Sufrida vitoria do Benxamín A na casa do cuarto clasificado Ortigueira, 0-1, tanto de Lucas Blanco nos últimos intantes, o que lle da tres valiosos puntos, e con 33 manteñen un de ventaxa sobre O Freixo. Próxima visita ó colista Ánimas. Derrota 3-5 do Benxamín B, que chegou a ir gañando 2-0, ante o Numancia, tantos de Xoel Galego (2) e Mario Lozano. Sextos con 17 puntos antes de recibir ó Miño, cuarto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios