PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 29-30-31 MARZO

O As Pontes recibe ao Boimorto

82

Importante partido o que ten o As Pontes no Poboado este domingo, 17:00, xa que recibe ao Boimorto, en encontro arbitrado por Iván Carrillo Chekhov (Santiago), o único conxunto que o conseguiu vencer en 30 partidos de Liga.

Están na zona media da táboa, décimos con 41 puntos. Evidentemente o seu mellor triunfo foi o 3-2 ao As Pontes, pero outros resultados interesantes son un 1-3 ao Arzúa, 0-2 ao Dubra, ou prestixiosos empates a domicilio, coma un 3-3 en Viveiro, 2-2 en Noia, 2-2 en Sarria, ou 1-1 en Ribadeo. 

De feito o conxunto vermello ten uns moi bos rexistros a domicilio dado que puntuou en 12 visitas, con nove empates e tres triunfos, so perdendo en tres encontros. 

É un equipo tan complicado a domicilio, que no que vai de 2019 non perdeu ningún encontro fora da casa. Figurín con 10 tantos, e Nieto con 9, son os seus máximos goleadores. Nos duelos no Poboado, 1-1 a campaña pasada, e 4-1 na 1982-83.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-BOIMORTO CF (DOMINGO 31, 17:00)

FEMININO
CD AS PONTES-EFB AMISTADE MEIRÁS (SÁBADO 30, 18:30)

XUVENIL A
CD AS PONTES A-VICTORIA CF B (SÁBADO 30, 16:30)

XUVENIL B
FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES B (SAN CLAUDIO, DOMINGO 31, 12:00)

CADETE
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (ANEIROS, VENRES 29, 19:00)

INFANTIL
CD CARIÑO-CD AS PONTES (VENRES 29, 18:30)

ALEVÍN
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES A (GÁNDARA, VENRES 29, 18:30)
CD AS PONTES B (DESCANSA)

BENXAMÍN
ÁNIMAS SCDR-CD AS PONTES A (A GÁNDARA 3, VENRES 29, 18:00)
CD AS PONTES B-AD MIÑO (VENRES 29, 18:30)

PREBENXAMÍN

SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES A (A PEDREIRA, SÁBADO 30, 11:15)
CD AS PONTES B (DESCANSA)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios