DOUS PONTESES NAS COPAS DO MUNDO

Tralos clasificatorios levados a cabo na Selección Española

110

Despois de varios eventos clasificatorios no equipo español, os ponteses Miguel Alvariño García e Daniel Castro Barcala, do Clube Silex, representarán a España nas Copas do Mundo de Medellín, Shangai e Antalya.

Trala última proba levada a cabo esta fin de semana, o competidor que rematou na primeira posición foi Pablo Acha con 139 puntos. Por detrás del, Miguel Alvariño obtivo 132, e Daniel Castro 113. Eles serán os tres representantes que acudirán coa Selección Española a Colombia, China e Turquía.

Xa máis alonxados, por detrás, cuarto foi Miguel Ángel Pifarre (85), quinto Álvaro Simó (70), sexto Antonio Fernández (62), sétimo Ken Sánchez (50) e oitavo Sergio Del Olmo (30). 

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios