PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 5-6-7 MARZO

O As Pontes visita Santa Comba

101

O CD As Pontes acude este domingo a Santa Comba para enfrontarse co Xallas, 18:00, en encontro arbitrado por Rubén Calviño Pensado (Santiago).

Semella complicado que o As Pontes puidese ascender nesta xornada, pero conseguindo algún resultado positivo, tan sequera un empate, dependería de si mesmo para poder ascender na casa ante o Castro na xornada seguinte. 

Non será doado o cadro de Santa Comba, que está inmerso na loita por saír dos postos baixos, decimo quinto con 36 puntos. 

Pese a que dos últimos dez encontros perdeu sete, entre as súas tres vitorias está un  rotundo 3-0 ao segundo clasificado Viveiro no último encontro como local. Outro resultado destacado é un 3-0 ó Dubra. 

Iván González, que xa non está no equipo, con 11, Alex Blanco con 8, e Julián López con 7, son os máximos realizadores do equipo. 

Co novo nome de Xallas, antigo Atlético Mineiro e Santa Comba, o As Pontes empatou 1-1 a campaña pasada, e nesta obtivo un apurado 1-0. A tempada pasada na Fontenla 2-1 para os locais.   

PREFERENTE NORTE

XALLAS FC-CD AS PONTES (A FONTENLA, DOMINGO 7, 18:00)

FEMININO

CD CARIÑO-CD AS PONTES (DOMINGO 7, 12:00)

XUVENIL A

ATLÉTICO ARTEIXO-CD AS PONTES A (PONTE DOS BROZOS, SÁBADO 6, 18:00)

XUVENIL B

CD AS PONTES B-CD NARÓN B (SÁBADO 6, 10:30)

CADETE

CD AS PONTES-CD NARÓN B (SÁBADO 6, 17:00)

INFANTIL

CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA C (SÁBADO 6, 16:30)

ALEVÍN

CD AS PONTES A-CD CARIÑO (VENRES 5, 18:55)
EUME DEPORTIVO B-CD AS PONTES B (GÁNDARA, VENRES 5, 19:00)

BENXAMÍN

CD AS PONTES A-SCDR NARÓN O FREIXO (SÁBADO 6, 12:30)
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES B (A PEDREIRA, SÁBADO 6, 10:45)

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A-CULTURAL MANIÑOS SD (VENRES 5, 17:45)
EUME DEPORTIVO BE-CD AS PONTES B (GÁNDARA, VENRES 5, 18:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios