SEGUNDA DIVISIÓN B. VENTORRILLO FS-O ESTEO FS

O Esteo viaxa o sábado a Coruña

24

O Esteo pontés de fútbol sala visita este sábado ao Ventorrillo da Coruña, equipo que suma os mesmos puntos que os ponteses, 38.

Os coruñeses teñen resultados interesantes, 2-3 en Valdeorras, 3-4 en Xove, ou 5-1 ó Valladolid. Na ida, sufrido empate dos locais 3-3 nos últimos segundos.

O Esteo ten un curioso idilio co equipo coruñés, xa que si ben na Fraga so se conseguiu un triunfo por tres derrotas ante os herculinos, a domicilio sucede o contrario, con tres vitorias do Esteo e unha soa dos locais. 

No histórico de enfrontamentos na Coruña, 3-4, 3-5, 2-2, 1-3, e 5-3.

SEGUNDA DIVISIÓN B (24ª xornada)
VENTORRILLO FS-O ESTEO FS
Sábado 6 – Abril – 2019 (18:00)
Pavillón Municipal de Ventorrillo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios