LIGA DE VETERANOS AS PONTES 2018-19

La Bamba aproveita a xornada de descanso do Muebles Eume para retomar o liderado

170

Decimoquinta xornada da Liga pontesa de Veteranos na que La Bamba volve a retomar o liderado. Fixoo, iso si, porque nesta xornada descansou o anterior líder Muebles Eume, e non sen sufrimento, tras gañar 1-0 ao Estanco Mari Carmen. 

O Muebles Eume terá a opción de recuperar a primeira praza na vindeira semana ante o sexto clasificado, Jeycar, pois descansa La Bamba.

La Bamba ten 37 puntos, por 35 do Muebles Eume. Por detrás, A Cepa suma 23 puntos, MMYPEM 22, La Galaxia 20, Jeycar 18 e Estanco Mari Carmen 17. Por abaixo, Bar Encanto suma 10 puntos, Farmavida e Electricidad J&O 9, e pecha As Pontes 74 con 8.

Os resultados da xornada foron os seguintes:

La Galaxia 2 – MMYPEM 0
Bar Encanto Lecar 712 0 – Electricidad J&O 0
A Cepa 4 – Jeycar 0
La Bamba 1 – Estanco Mari Carmen 0
Farmavida 0 – As Pontes 74 0
Descansa Muebles Eume

Enfrontamentos próxima xornada:

Día 13. 19:30. Muebles Eume-Jeycar
Día 13. 20:30. Farmavida-Electricidad J&O
Día 14. 10:00. Estanco Mari Carmen-Bar Encanto Lecar 712
Día 14. 11:00. La Galaxia-As Pontes 74
Día 14. 12:00. A Cepa-MMYPEM
Descansa La Bamba

 Nova cortesía Tino Prieto, Tomás Franco e Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios