Nota de prensa XPAP: Xunt@s por as Pontes Son-EnComún si concorrerá ás vindeiras eleccións municipais

A nosa asemblea cidadá decidiu que Xosé Manuel Ribeira sexa o cabeza de lista nestes comicios.

479

As Pontes, 23 de abril de 2019.- Despois de diferentes informacións que levaban á confusión queremos manifestar que Xunt@s por as Pontes si concorrerá ás vindeiras eleccións municipais de 2019. Apostamos por dar continuidade ao traballo realizado nestes catro anos de duro traballo no que non tería sentido renunciar a unha marca coñecida pola veciñanza, que serviu para levar demandas e preocupacións da cidadanía ao noso concello

Presentámonos nunha lista plural e diversa, na que optamos por poñer por diante do que nos separaba a defensa do ben común, do benestar das maiorías e da necesidade de conseguir novos dereitos para a veciñanza. Entendemos que a unidade dende a diversidade é a mellor maneira de construír unha alternativa para as maiorías sociais agredidas pola crise, para termos voz diante das agresións que estamos a padecer.

Presentámonos tamén porque precisamos poñer a disposición da xente os recursos da institución, e que non sexa un espazo privatizado partidariamente polo partido de goberno. Precisamos que a transparencia e a participación cheguen ao día a día da veciñanza, para que a veciñanza sexa a verdadeira protagonista da acción municipal e poida decidir na confección de políticas públicas do noso concello.

Nos vindeiros días faremos a presentación pública da nosa candidatura, presentaremos ao resto de candidatos e candidatas e comezaremos a anunciar as medidas máis significativas do programa de Xunt@s por as Pontes.

Máis información en Xuntos por As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios